Ikea planea cambiar as súas embalaxes de plástico por uns a base de champiñóns reciclados

Todos os produtos que chegan ás nosas mans veñen necesariamente embalados en caixas de cartón e con decenas de anacos de plástico que logo debemos reciclar debidamente para reducir ao máximos o seu impacto ambiental. A suma dun alto consumo de madeira para as embalaxes de cartón e, sobre todo, o problema que embalaxes non biodegradables a base de plásticos teñen un impacto moi negativo sobre a sustentabilidade do planeta.

08ef18cc4a7d977cfb1467877b3e3811c1b37a6c
Cando falamos de tecnoloxía adoitamos pensar en circuítos complicados, gadgets marabillosos ou innovacións que queren tocar o sol. Pero, ás veces, a tecnoloxía tamén se pode aplicar a algo tan sinxelo pero importante como os paquetes. De feito, todos os produtos que chegan ás nosas mans veñen necesariamente embalados en caixas de cartón e con decenas de anacos de plástico que logo debemos reciclar debidamente para reducir ao máximos o seu impacto ambiental. A suma dun alto consumo de madeira para as embalaxes de cartón e, sobre todo, o problema que embalaxes non biodegradables a base de plásticos teñen un impacto moi negativo sobre a sustentabilidade do planeta.

Unha das empresas que máis inviste en I+D+i é a multinacional sueca Ikea. De feito, é unha das empresas que máis gasta ao ano en embalaxes. E o seu sempre responsable espírito escandinavo failles querer investigar acerca dalgúns tipos de embalaxes alternativas que acaben por prescindir do plástico. Un produto que pode tardar mesmo máis de cen anos en desaparece por completo do noso mares e océanos.

"Ikea quere ter un impacto positivo na xente e o planeta, o que inclúe liderar a reciclaxe de lixo en recursos, desenvolvendo materiais reciclados a partir de residuos e que á súa vez sexan sinxelos de volver reciclar" afirma Joanna Yarrow, xefa de proxectos para sustentabilidade de Ikea no Reino Unido.

E un dos titulares que máis chama a atención é o interese que puxo na empresa estadounidense Ecovative, unha compañía que desenvolveu as primeiras embalaxes fabricadas a base de champiñóns e demais fungos debidamente tratados. Nutríndose para estas caixas dos residuos provenientes da agricultura. Non sería a primeira experiencia na que unha gran empresa aposta por este tipo de paquetes, xa que a americana Dell utiliza este tipo de caixas para algúns das súas embalaxes máis grandes.

Este tipo de embalaxes ten como obxectivo final substituír un produto tan popular á hora de empaquetar como o poliestireno. Un produto non degradable e altamente contaminante. Xa que se trata dun material que a pesar de descompoñer en pedazos moi pequenos, non se biodegrada, polo que contamina dunha forma máis nociva ao ser moito máis difícil de limpar,

Como funciona:

  • Recóllense e límpanse os residuos da agricultura normal. Por exemplo as cascas do millo.
  • Engádense as esporas do champiñón ou fungo en cuestión e déixase en repouso durante uns días.
  • O fungo empeza a crecer e empeza a dixerir lentamente os residuos agrícolas.
  • A mestura de fungos e residuos agrícolas empeza a romper en partículas soltas.
  • Estas partículas recóllense e póñense nun molde coa forma desexada durante un par de días. O champiñón ou fungo en cuestión crece, toma forma e se solidifica.
  • Unha vez hase solidificado, sácase e sepárase do molde. Procédese ao seu secado para deter o seu crecemento e previr a produción de cogomelos ou esporas.
Vía: Gestores de Residuos
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando