Hostalería Compostela e o Concello pactan promover o uso da auga de billa
A iniciativa ten como obxectivo reducir o volume de plásticos.
O Concello de Santiago de Compostela aprobou na súa última reunión da Xunta de Goberno o convenio de colaboración coa Asociación Hostalería Compostela para impulsar o consumo da auga de billa nos establecementos adheridos a esa entidade empresarial. Tras esta aprobación, o convenio asinarase nos próximos días.
Este marco de colaboración ten como obxectivo fomentar o consumo de auga de billa entre os clientes dos establecementos, que se serviría en xerras ou botellas de cristal nos seus menús.
Con esta iniciativa quérese conseguir reducir o volume de envases de plástico que cada día son xerados polos locais hostaleiros da cidade. Os expertos indican que unha botella de plástico tarda unha media de 400 anos en degradarse, o que representa un duro golpe para a conservación ambiental.
Vía: La Voz de Galicia
Voltar o listado