GAÑADORES DA CAMPAÑA "LONGA VIDA AOS TEUS APARELLOS ELECTRÓNICOS"

Serás un dos afortunados? Revisa o teu correo, enviámosche un email.

8617bb7a6c17f6ced1caf9f3a1e21db275b5f341
A campaña "Longa vida aos teus residuos electrónicos" púxose en marcha no pasado mes de xullo, enmarcada no programa Tropa Verde, que desenvolve a empresa Teimas coa colaboración das empresas revertia e Recyclia. Habilitáronse ata 15 puntos de recollida de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos e pilas en centros socioculturais e polideportivos. Neles, os veciños e veciñas fixeron entrega dun total de 1.531 quilos de residuos electrónicos e 1.051 quilos de pilas, e estímase que a súa correcta xestión evitou a liberación de case 620 quilos de CO2 á atmosfera. Esa cantidade é a equivalente ás emisións dun coche novo ao percorrer preto de 3.800 quilómetros.

Ademais, no marco da campaña, a empresa Revertia impartiu cadanseu obradoiro de reacondicionamento de computadores refugados nos centros socioculturais de Vite e O Ensanche. Neles puideron participar un total de 30 persoas, que tomaron conciencia da importancia que ten para o medio ambiente unha correcta xestión deste tipo de residuos e aprenderon os pasos a dar para reutilizar un computador. Por último, a campaña "Longa vida aos teus residuos electrónicos" completouse con charlas da Tropa Verde en diferentes centros educativos.

Xa temos gañadores da campaña "LONGA VIDA AOS TEUS APARELLOS ELECTRÓNICOS"

Os membros da Tropa Verde que levaron pequenos aparellos eléctricos e electrónicos aos puntos habilitados a tal efecto, onde recibiron un cheque específico da Tropa Verde. Entre todos os participantes da campaña que trocaron os seus cheques sorteáronse 3 conxuntos de 

equipamento reutilizado composto por: PC + Pantalla. As características son:



Pantalla: DELL Optiplex 1708  17 pulgadas.

PC: Dell 755 Core 2 duo 2GB RAM 160 HDD

Serás un dos afortunados? Revisa o teu correo, enviámosche un email.

Moitas grazas a todos por participar e contribuír ao coidado do medio ambiente!!

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando