Galicia reduce as súas emisións de gases de efecto invernadoiro en máis de medio millón de toneladas.

O pasado 6 de decembro, aConsellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galiciapublicou o informe sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI)relativas ao ano 2018. Neste período rexistrou a emisión de 29,81 millóns detoneladas, o que supón unha redución de case dous puntos en comparación co ano2017. 

4df6c66680cbe18088c8cd7bee953af40e495957

Un dos obxectivos prioritarios da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 é avanzar cara á neutralidade climática. Neste senso, o Informe sobre as emisións de gases de efecto invernadoiro de Galicia  indica que o cumprimento deste reto está cada vez máis preto. Este documento acredita que ao longo do ano 2018 en Galicia emitíronse 29,81 millóns de toneladas de CO2, é dicir un 1,7% menos que no ano anterior, segundo os datos facilitados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

As emisións de gases de efecto invernadoiro en Galicia son monitorizadas por dúas fontes principais de datos: por unha banda as emisións GEI totais de Galicia, que están dispoñibles dous anos despois de que se produzan (é dicir no ano 2020 o dato máis actualizado corresponde ao ano 2018) e, por outra as daquelas entidades que participan no comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro, cuxos datos están dispoñibles no ano seguinte ao que se producen.

As emisións GEI totais de Galicia por sectores indican que as industrias asociadas ao sector enerxético continúan a ser a principal fonte de emisións de gases de efecto invernadoiro ao representaren un 39,2% do total.

Tamén destacan as emisións realizadas polo sector do transporte e da industria non enerxética (suma das emisións derivadas da combustión e dos procesos industriais), que representan respectivamente un 19,5% e un 15,1% das emisións totais.

Este balance positivo, xunto co feito de que o produto interior bruto (PIB) de Galicia medrou en 2018 un 2,8%, evidencia unha progresiva descarbonización da economía galega, o que significa que Galicia está a mellorar a súa capacidade de mitigación do cambio climático.

Cómpre recordar que as emisións de gases de efecto invernadoiro teñen unha acción directa sobre o aumento da temperatura da Terra e, en consecuencia, sobre o cambio climático. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda apunta que a loita contra este fenómeno global é un dos obxectivos prioritarios do goberno galego e seguirá sendo un dos principais eixos da actuación nos vindeiros anos; co fin de afianzar os resultados dos anos anteriores, onde a evolución das emisións GEI producidas en Galicia respecto do nivel de 1990 é mellor que a do conxunto do Estado.

Imaxe da nova: makunin en Pixabay 

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando