Galicia reciclou 59.165 toneladas de envases domésticos en 2015

Cada galego depositou 9,8 kilos no contenedor amarelo e 12,5 kilos no azul

B60bd65dd4d3885a4246b8be3f3bfa37c252363a
En 2015 os gallegos reciclaron un total de 59.165 toneladas de envases, o que supón que cada persona depositou 9,8 kilos no contenedor amarelo e 12,5 kilos no azul, según se destaca dende Sogama.

Entre os anos 2008 e 2015, Sogama remitiu á industria recicladora 192.069 toneladas de residuos de envases. Desta cantidade, 81.635 toneladas procedían da recollida selectiva do contedor amarelo, destinado a acoller os envases de plástico, as latas e os briks; e o resto, do lixo en masa, fundamentalmente envases de aceiro e aluminio que non foron depositados previamente pola poboación no recipiente amarelo para a súa posterior recuperación, así como o vidro, que debería ser introducido no iglú verde.
 
O obxectivo da entidade a medio prazo é incrementar as cifras de reciclado nun mínimo do 30%. A isto contribuirá a posta en marcha, no complexo medioambiental de Cerceda, dunha planta específica para a recuperación dos envases plásticos e de papel/cartón contidos no lixo xenérico e que tampouco foron depositados en orixe polos cidadáns nos contedores de destino, é dicir, amarelo e azul respectivamente.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando