España é un dos países da UE máis afectados polos incendios en 2020

Segundo o último informe anual elaborado polo centro de investigación da Comisión Europea, o 2020 foi un ano con alta incidencia de incendios, con 340.000 hectáreas de terreo arrasadas. Romanía foi o país máis afectado, seguido de Portugal, España e Italia

592b318aea63150b0e61b055b5439057af6709dd
Un ano máis, o Centro Común de Investigación ( JRC) da Comisión Europea lanzou o seu Informe Anual sobre Incendios Forestais en Europa, Oriente Próximo e África do Norte, correspondente a 2020, coa misión de ofrecer unha visión moi completa da situación dos incendios forestais.

Nel destácase que, a pesar do alto nivel de preparación dos países, os incendios calcinaron unhas 340.000 hectáreas de terreo, sendo o 40% delas terreos dos espazos protexidos da Rede Natura 2000. Segundo o prefacio do documento, o peor é que o 2021 esta sendo mesmo máis desastroso xa que, polo momento, queimáronse medio millón de hectáreas, das que o 61% son bosques que tardarán anos en recuperarse.

“A tempada de incendios do 2021 esta sendo a segunda máis nefasta da UE, detrás da rexistrada en 2017. Non só desapareceron centos de miles de hectáreas polas chamas, senón que hai que lamentar tamén a perda de vidas humanas”, lese no informe.

A día de hoxe o 85% da superficie queimada en Europa segue localizándose nos cinco países mediterráneos -Portugal, España, Francia, Italia e Grecia- debido a unhas condicións meteorolóxicas que aumentan o risco de padecer este tipo de catástrofes.

Para Mariya Gabriel, comisaria de Innovación, Investigación, Cultura, Educación e Mocidade, o cambio climático está a aumentar o risco e a magnitude dos incendios forestais en todo o mundo. Segundo explica, desde o 2016 non se paran de ver incendios sen precedentes e por iso agora máis que nunca se ten a obrigación de conservar os nosos bosques: “O  JRC e a Comisión Europea están a mobilizar a ciencia, as tecnoloxías, as políticas e a cooperación para previr estes incendios masivos, protexer os nosos bosques, preservar a biodiversidade e, sobre todo, protexer vidas na UE e fóra de ela”, sinala.

Na mesma liña,  Virginijus  Sinkevič ius, comisario de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, relata que o cambio climático está a exacerbar a tempada de incendios e está a poñer en perigo á natureza e á vida mesma. Para el, o informe mostra “o devastador que foi o último ano” e por iso pon de relevo o traballo que se está facendo desde Europa para evitar calamidades parecidas no futuro.

O informe deste ano inclúe informes de 33 países das rexións interesadas que describen as actividades nacionais de xestión de incendios e as medidas adoptadas tanto a nivel nacional como europeo durante as campañas contra incendios neste período. Nel de novo extráese que Romanía foi o país máis afectado, representando case a metade dos espazos queimados da Rede Natura 2000 (principalmente na Reserva Natural do Delta do Danubio), seguido de Portugal, España e Italia.

Máis de 8.000 incendios en España

De España, os datos do informe reflicten que as altas temperaturas, sobre todo no sur da península, e a escaseza de precipitacións tiveron unha correlación directa co rexistro dos máis de 8.000 incendios. Aínda así, é unha cifra 30% á media nacional de 11.684 incendios. Entre estas cifras tamén se mostran os 19 Grandes Incendios Forestais (GIF) que afectaron a España no 2020 e que arrasaron co 47,59% das hectáreas afectadas, a pesar de ser só o 0.25% dos incendios totais.

Piñeiros queimados nun incendio forestal.

A UE está a traballar activamente para previr os incendios forestais, preservar os bosques, recuperar a biodiversidade e salvar vidas. En marzo deste ano, a Comisión publicou novas directrices para a prevención dos incendios forestais, para a xestión dos bosques e da vexetación co fin de reducir a propagación e intensidade dos incendios, e para a posta en práctica de respostas eficaces. Sobre a base da Estratexia da UE sobre a biodiversidade de aquí a 2030, parte da iniciativa emblemática do Pacto Verde Europeo, a Comisión propuxo a Nova Estratexia da UE en favor dos Bosques para 2030, que intensifica a actuación en materia de prevención dos incendios forestais e promove unha mellor resiliencia fronte ao cambio climático.

“Ao longo do últimos dez anos, o Mecanismo de Protección Civil da UE respondeu a máis de corenta emerxencias de incendios forestais a gran escala. Co o escenario que promete crear o cambio climático, estamos decididos a redobrar os esforzos para reforzar a nosa resposta ante os incendios forestais a escala da UE, a fin de axudar a previr, prepararse e actuar”, concluíu  Janez  Lenarčič, comisario de Xestión de Crise.

Artigo de El Ágora Diario traducido ao galego. Consulta aquí o orixinal.
Imaxe de Peter Jung 
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando