Envases máis sustentables
Previr en orixe a xeración de residuos dos envases
Hoxe en día as latas de conserva recíclanse mellor porque os fabricantes eliminaron as etiquetas adhesivas de papel e para alixeirar o seu peso substituíron a súa tapa de aceiro por unha lámina de aluminio. Unha simple botella de auga de 1,5 litros pesa un 12% menos que hai unha década e unha lata de refresco un 17% menos. Isto non responde o azar senón ao deseño de envases máis sustentables froito dos Plans Empresariais de Prevención de residuos de envases (PEP).
Estes plans consisten nun programa de actuacións postos en marcha polas empresas (ou conxunto de empresas, cando se trate dun plan sectorial elaborado por un sistema integrado de xestión) para previr en orixe a xeración de residuos dos envases que introducisen no mercado ou o impacto ambiental derivado dos residuos que se xeren.
A lexislación de envases establece a obrigación para as empresas de presentar PEP en función da cantidade de envases comercializados ao longo dun ano que sexan susceptibles de xerar residuos. Teñen unha vixencia de 3 anos e desde 1999 o SIG de Ecoembes asumiu a elaboración destes plans sectoriais.
Desde hai 12 anos Ecoembes conseguiu poñer en marcha máis de 28.500 medidas de prevención que conseguiron reducir un 14,8% a relación entre o peso do envase e o peso do produto sen perder a súa función de protexelo e conservalo, permitir a súa distribución e servir de canle de información ao consumidor. As 2.300 empresas que participaron no cuarto Plan de Prevención (2009-2011) utilizaron 100.000 toneladas menos de materias primas aforrando máis de 130 millóns de euros.
Vía: Ecoembes
Voltar o listado