Economía circular nas colaboracións de Tropaverde!
Na Tropaverde de Santiago temos a fortuna de contar con vari@s colaborador@s implicad@s na economía circular e que comparten con nós unha óptica sostibilidade ambiental.
A economía circular é un modelo de produción e consumo que implica compartir, alugar, reutilizar, reparar, renovar e reciclar materiais e produtos existentes todas as veces que sexa posible para crear un valor engadido. Desta forma, o ciclo de vida dos produtos esténdese.
Na práctica, implica reducir os residuos ao mínimo. Cando un produto chega ao final da súa vida, os seus materiais mantéñense dentro da economía sempre que sexa posible. Estes poden ser productivamente utilizados unha e outra vez, creando así un valor adicional.
Contrasta co modelo económico lineal tradicional, baseado principalmente no concepto “usar e tirar”, que require de grandes cantidades de materiais e enerxía baratos e de fácil acceso. A obsolescencia programada é tamén parte deste modelo.
Afortunadamente, nos últimos anos foise dando máis voz entre a cidadanía a proxectos que abren o camiño a un cambio de modelo que faga unha mellor xestión dos recusos naturais e que limite o impacto ambiental na súa actividade.
Vimos nesta ocasión falar de dúas organizacións que colaboran con Tropaverde e que traballan na circularidade dos recursos dun ou outro xeito:
Compostela Inserta
É unha empresa de economía social combina a integración e formación socio-laboral de persoas en risco ou situación de exclusión social como tránsito ao emprego ordinario. Entre outras actividades adícanse á recollida de aceite usado para a súa conversión en biodiésel.
Traballan tanto coa hostalería como coa recollida directa en diversos concellos, entre eles, o de Compostela. Xa sabes que nos Centros Socio-culturais tes dipoñibles os seus contedores laranxas, onde poides depositar o aceite usado en botellas de plástico correctamente pechadas, para a súa posterior recollida.
"O biodiésel é un biocombustible que se mestura co gasóleo co obxectivo de reducir o consumo de carburantes fósiles e as emisións de gases de efecto invernadoiro, ademais de diversificar as fontes de enerxía.
As baixas cifras de reciclaxe nos fogares obrigan a importar aceite usado e a unha maior utilización de cultivos con finalidades enerxéticas." (La Vanguardia)
O seu traballo tamén é fundamental para a xestión deste aceite de cociña usado, tan perxudicial se remata no mar a través dos nosos desaugadoiros domésticos.
Realizan unha actividade fundamental que xera emprego e coida do planeta. Dótase dunha circularidade a este recurso en lugar de convertelo de xeito directo nun residuo.
Realizan unha actividade fundamental que xera emprego e coida do planeta. Dótase dunha circularidade a este recurso en lugar de convertelo de xeito directo nun residuo.
Slow Food Compostela
Slow Food "implica a millóns de persoas apaixonadas por unha comida boa, limpa e xusta". Defínese como "unha asociación ecogastronómica que promove unha "nova gastronomía" entendida como expresión da identidade e a cultura (...) tendo en conta o equilibrio co ecosistema, a defensa da biodiversidade e o compromiso ético cos produtores."
Trátase dunha asociación nada en Italia e que progresivamente se foi expandindo a diversos lugares no mundo converténdose "nunha rede heteroxénea formada por cociñeiros, activistas, agricultores, pescadores, expertos e académicos de máis de 160 países."
A circularidade nesta asociación responde aos principio de preservación do medio natural e ao emprego eficiente dos recursos dipoñibles. Dispoñen de múltiples proxectos entre os que se atopan restaurantes de Km0 ou comedores escolares. Neste último, achegan a súa filosofía a comedores de toda Galicia, diseminando a importancia de facer un consumo de proximidade que apoie a pequen@s produtor@s e que respecte os ciclos da natureza.
Realizan unha labor de difusión indispensable e conectan produtor@s, servizos e consumidor@s cuns mesmos valores. Non deixes de consultar a súa web para coñecer máis.
| Publicación coordinada co Concello de Santiago de Compostela dentro do marco "Economía circular e establecementos colaboradores".
Voltar o listado