Ecoloxistas denuncian que o uso praguicidas non baixa e o seu risco para saúde tampouco

Un informe sobre a comercialización de praguicidas agrícolas realizado de forma conxunta por Ecoloxistas en Acción, a Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica (SEAE) e WWF apunta a que a súa utilización non diminuíu en España e tampouco o seu risco para a saúde humana.

1548035ddab2ec8f5e489e500f86b62281ed0ccf
No estudo, titulado «A mochila tóxica da produción agraria in-sostible», estas tres organizacións realizan unha análise da «inadecuada avaliación da toxicidade dos praguicidas na Unión Europea (UE)».

O informe parte dos datos de comercialización de praguicidas en España entre 2011 e 2018 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), e pon en cuestión a conclusión ministerial de que mentres que a súa comercialización creceu un 5,56 % nese período, os riscos pola súa utilización recortáronse un 22 %.

Hai «graves deficiencias nos instrumentos legais usados para avaliar o risco e as consecuencias sobre a saúde das persoas e os ecosistemas derivadas que minimizan o impacto do uso destes tóxicos na actividade agrícola», aseguraron.

Sosteñen que a UE debe modificar urxentemente a maneira na que se calcula o indicador de risco dos praguicidas para poder avaliar de forma efectiva e realista a exposición a estes tóxicos que experimenta a cidadanía europea e o medioambiente.

Entre os danos dos pesticidas para a saúde humana mencionaron o «aumento do risco de mutaxeneicidade ou a practicamente nula redución do risco canceríxeno», e no plano ambiental, «as consecuencias adversas para os ecosistemas acuáticos, a flora ou a fauna».

Tanto Ecoloxistas en Acción como a SEAE e WWF aproveitaron para indicar que a «complicada situación actual do campo, que ten a súa orixe en diferentes cuestións socioeconómicas», non debe empregarse como escusa para debilitar os obxectivos das estratexias europeas Da granxa á mesa ou Biodiversidade 2030.

Ao seu xuízo, a agricultura do futuro e a seguridade alimentaria deben pasar por un menor consumo de «agrotóxicos», a aposta polas infraestruturas verdes e espazos para a natureza e o apoio firme á produción ecolóxica e dietas sas e sostibles.


Artigo traducido ao galego orixinal de EFEverde. Consulta aquí o orixinal.
Fotografía: Pexels
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando