Ecoloxía para nen@s: experimentos que ensinan a respectar o planeta
A ecoloxía é a ciencia que estuda as relacións dos seres vivos entre si e co medio que lles rodea. Aprender a respectala é, por tanto, unha garantía de futuro.
Acción coordinada co Concello de Santiago de Compostela
Coidar e respectar o planeta é algo que debemos aprender desde que somos pequenos. Da natureza obtemos o noso alimento, o osíxeno que respiramos… Por tanto, é responsabilidade de todos ensinar ás nenas e nenos para protexer o medio ambiente do que tanto dependemos. E, para axudarvos con iso, propoñémosvos 4 sinxelos experimentos neste artigo de ecoloxía para nenos.
Ecoloxía para nenos: compost caseiro
O compost é un abono natural que se obtén a partir de refugallos orgánicos. Utilízase en xardinería e agricultura como fertilizante do chan. Elabórase mediante un proceso denominado compostaxe no cal os microorganismos descompoñen a materia orgánica que nos servirá para abonar a nosa micro horta. Que materiais necesitamos?
- Un bidón de plástico con tapa.
- Un saco de terra de 10 litros.
- Restos orgánicos xerados en casa.
- Follas e ramas.
Coloca o bidón na terraza ou o balcón; é mellor que sexa un lugar aireado, xa que o proceso de descomposición pode producir algún cheiro. Engade a terra o primeiro e, a continuación, os desperdicios orgánicos que se xeran en casa, xunto con ramas e follas que recollades cando saiades ao parque. Por último, tápao e non te esquezas de remover de cando en vez. Lembra non utilizar restos animais, nin graxas nin lácteos.
Como facer unha horta urbana para peques
Cultivar vosas propias verduras e hortalizas non só é gratificante, senón que, ademais, son máis sas que as que compramos. Con iso, conseguiredes que os máis pequenos da casa se inicien na horticultura e aprendan como é o desenvolvemento e crecemento das plantas.
Para aproveitar mellor o espazo, propoñémosvos un horto en escaleira, ben no balcón ou xunto a unha xanela. (Recomendamos ver imaxe no artigo orixinal. Enlace na fin do artigo). Os materiais que necesitamos son os seguintes:
- Dous palés.
- Malla antiherba ou bolsa de lixo.
- Terra.
Coloca o palé en posición vertical e utiliza cada unha das lamas transversais para facer un caixón coa madeira do outro palé. Forra a base coa malla antiherba ou cunha bolsa de lixo negro. Rechea con terra e listo; xa só queda sementar aquelas hortalizas que máis vos gusten. Recomendámosvos que plantedes algunha planta aromática para evitar certas pragas.
Como podemos ‘limpar’ a auga?
En casa basta con abrir a billa e teremos auga potable, limpa e fresca, pero hai zonas do mundo onde isto non ocorre. Hai nenas e nenos que percorren varios quilómetros para recollela, e non sempre é de boa calidade. Así que vos expomos un sinxelo experimento para limpar a auga. Seguro que vos sorprende!
Para iso, necesitaremos:
- Dous boles transparentes do mesmo tamaño.
- Unha caixa de zapatos.
- Auga da billa.
- Un pouco de area do parque.
- Un cordel de la de pouco máis de 1 metro de longo.
Colocade a caixa en posición vertical e sobre ela un dos boles cun pouco de auga. A continuación, engádese a ese bol a terra. Situade o outro bol aos pés da caixa e unide os dous boles co cordel. A corda axudaranos a separa os dous compoñentes, de forma que obteremos a nosa auga limpa de novo.
Imaxe de Jonathan Borba en Unsplash
Voltar o listado