Día Mundial Sen Bolsas de Plástico

O Día Mundial sen Bolsas de Plástico celébrase cada ano o 3 de xullo. Trátase dun día no que pretende concienciar á poboación dos perigos que leva o uso de bolsas de plástico para o medio ambiente.

20 minutos contigo500 anos sen ti
Orixe 
As Organizacións Ecoloxistas promoveron a celebración deste día para unha concienciación global sobre un dos problemas que afectan á natureza e ao medio ambiente como é o uso incontrolado de bolsas de plástico. 

Obxectivo

O principal obxectivo deste día é apostar firmemente por alternativas menos contaminantes así como pola redución das bolsas de plástico cuxa vida media é de 15 minutos por cada uso.Unha bolsa de plástico pode chegar a tardar máis de 100 anos en descompoñerse, sendo moi prexudicial para a natureza. O uso doutro tipo de bolsas así como de carriños da compra poderían substituír o uso masivo de bolsas de plástico dun só uso.Hoxe en día na gran maioría de tendas de alimentación as bolsas teñen un pequeno custo, sendo unha das formas máis eficaces de impedir que os usuarios utilicen máis bolsas das necesarias para gardar a compra que realizaron. Ademais moitos clientes portan as súas propias bolsas para evitar pagar polas bolsas do supermercado e deste xeito evitar o uso indiscriminado de bolsas de plástico.

Algúns datos

Aínda que se empezou a fabricar a principios do século XX, foi nos anos 50 cando o plástico empezou a multiplicarse a gran velocidade. Desde 1950, producíronse en todo o mundo máis de 8.000 millóns de toneladas de plástico: botellas, bolsas, envases e todo tipo dese material sintético. 

A metade do plástico produciuse só nos últimos 13 anos. Pero o máis dramático é que, coas actuais previsións de produción e se non hai un cambio drástico da xestión, en 2050 teremos 12.000 millóns de toneladas de residuos de plástico. 

 Aínda por riba, agora mesmo flotan unhas 236.000 toneladas de residuos de plástico na superficie dos mares do mundo. Cada ano vértense ao mar, segundo os informes máis recentes, entre 6 e 15 millóns de toneladas que as correntes reparten por todo o globo terráqueo

 Estímase que tan só o 9% do plástico recíclase mentres que o 79% vai parar a vertedoiros ou é abandonado no medio ambiente. O 12% restante é incinerado. Para tomar conciencia do problema dunha forma máis concreta, a ONG Greenpeace creou unha calculadora para pescudar canto plástico usa cada individuo en realidade: "Pescuda a túa pegada de plástico".

Vía: Greenpeace / SER
Voltar o listado