Día Mundial pola Redución das Emisións de CO2

O día 28 de Xaneiro celébrase o Día Mundial pola Redución das Emisións de CO2, ou tamén chamado Día Mundial da Acción fronte ao Quecemento Terrestre.

526d58cf9252af49befd15f166c9fb5bc569d888
Este día foi designado pola Organización das Nacións Unidas (ONU) como o día crave do ano para tomar decisións en prol do coidado do noso planeta, co obxectivo de crear conciencia e sensibilizar aos habitantes do noso planeta sobre o cambio climático e os impactos ambientais que esta ocasiona.

Tamén busca impulsar o desenvolvemento e aplicación de políticas de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro, tales como investimentos en desenvolvemento de fontes de enerxía renovables, cambio a combustibles máis limpos, melloras na eficiencia dos procesos de combustión e modificar as tendencias de consumo a través da educación ambiental.

Principalmente, o Cambio Climático produciuse por:

– O excesivo aumento de gases de efecto invernadoiro por queima de combustibles fósiles (carbón e petróleo principalmente).

– A produción agropecuaria e o cambio de uso do chan, en especial a deforestación.

– A industrialización e actuais patróns de consumo.

– A xestión de residuos sólidos e líquidos nos países desenvolvidos produce altos niveis de gases de efecto invernadoiro debido ao consumo de enerxías relacionadas cos patróns de consumo e a gran produción industrial.

O cambio climático é un problema global que afecta a todo o planeta, a preocupación é de todos os países, é así que se asina o Protocolo de Kyoto, un convenio internacional que tenta limitar globalmente as emisións de gases de efecto invernadoiro.

O aumento do contido de dióxido de carbono que se está experimentando actualmente é o compoñente principal do cambio climático global, polo que debemos de deixar de lanzar CO2 á atmosfera, así como os outros gases de efecto invernadoiro  (metano, óxidos de nitróxeno, ozono, clorofluorocarbonos) ou o quecemento da terra será irreversible.

Artigo traducido ao galego dende Reciclame.info. Consulta aquí o orixinal.
Foto de Marek Piwnicki en Pexels
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando