Día Internacional dos Dereitos dos Animais

O 10 de decembro é o Día Internacional dos Dereitos dos Animais, que ten o obxectivo de visibilizar a súa situación no mundo e promover o benestar animal.
Un día internacional para divulgar, reflexionar e actuar polo benestar animal.

06f6a1cf673b650e5bee9c7c6bd9334bb5990455
En 1997, diversas organizacións en defensa do benestar animal promoveron a creación do Día Internacional dos Dereitos dos Animais. É certo que nas últimas décadas creceu a concienciación a nivel mundial, sobre todo na poboación máis nova, pero aínda hai moito traballo que facer!

Esta data ten como obxectivo final o respecto a todos os animais, independentemente da súa especie. Para iso, visibilízase a situación de explotación de millóns deles, divúlgase acerca de problemas crave como o perigo de extinción de moitas especies e promóvense accións concretas.

Un dos primeiros pasos que se deron para lograr estes propósitos foi a Declaración Universal dos Dereitos do Animal, redactada en 1978 e actualizada en 2018 pola  Fondation Droit Animal,*Éthique et Sciences.

Na actualidade, consta de 8 artigos que recollen, de forma resumida, os seguintes obxectivos:

-Preservar o hábitat dos animais en liberdade e non comprometer a supervivencia das especies.
-Respectar a sensibilidade de todo animal sen importar a especie.
-Asegurar o benestar animal e prohibir tanto a crueldade como os malos tratos.
Os gobernos e organismos internacionais deben velar polo cumprimento dos principios desta declaración, que podes ler completa (en francés), seguindo a ligazón.

E que podes facer ti polos dereitos dos animais?

Todas as persoas, no noso día a día, podemos contribuír ao benestar animal e promover, coas nosas accións, os dereitos dos animais. Como? Lanzámosche 8 ideas, pero hai moitas máis!

-Sempre que poidas, adopta ou apadriña un animal, non o compres. Axudarás a un ser que o necesita e tamén ás organizacións que se encargan de coidalos. Ademais, mantén sempre identificados os animais que conviven contigo e leva ao día as súas revisións veterinarias.

-Evita a compra ou o consumo de produtos que xeraron sufrimento animal. Cada día, hai máis alternativas dispoñibles en todos os campos.

-Non utilices insecticidas, herbicidas nin outros produtos similares, xa que danan ás aves, a outros animais salvaxes e, mesmo, ás mascotas. Opta por produtos de orixe natural igualmente efectivos ou asegúrate de que son inocuos para a túa contorna.

-Aproveita a túa terraza, balcón ou patio para plantar especies nativas de flora: atraerá e favorecerá á fauna local. Podes tamén construír casiñas/refuxios para os paxaros e morcegos, promovendo así o seu benestar.

-Observa as diferentes especies que habitan na túa contorna e colabora coas entidades que fan seguimento da fauna, tanto urbana como rural. 

-Participa contra o abandono e os malos tratos dos animais de compañía. Avisa ás autoridades sempre que detectes estes casos e tamén cando vexas exemplares que se extraviaron. Da mesma forma, axuda ás asociacións que velan polos animais da rúa, por exemplo a través de refuxios urbanos de gatos.

-Colabora no que poidas coas organizacións que se dedican a protexer, recuperar ou coidar animais. Hai moitas opcións, desde proxectos como o Turocat, o CRARC e Kuna Ibérica ata as diversas protectoras: sempre atoparás unha preto.

-Por suposto, se a túa paixón é o coidado dos animais, fórmate e dedícate a iso profesionalmente! Defenderás o benestar e os dereitos dos animais cada día. 

Artigo traducido ao galego dende idea.lu. Consulta aquí o orixinal.
Imaxe por Diego San
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando