Descobren un fungo capaz de biodegradar plástico

O fungo pode crecer na superficie do poliuretano e segregando encimas é capaz de destruír as ligazóns químicas entre os polímeros

Large waste 1741127 1920
Investigadores chineses descubriron un novo fungo capaz de degradar poliuretano. O fungo chamado Aspergillus tubingensis foi illado por un equipo do Instituto de Botánica da cidade chinesa de Kunming, nun proxecto da Academia Chinesa de Ciencias (CAS).

O fungo pode crecer na superficie do poliuretano e segregando encimas é capaz de destruír as ligazóns químicas entre os polímeros. Ademais da actividade das encimas, o fungo tamén utiliza o seu micelio para romper as moléculas de plástico.

Nun artigo baixo e título de "A biodegradación do poliéster poliuretano polo Aspergillus tubingenesis" que se publicou na revista científica Enviromental Pollution, recolléronse os datos da investigación. O Dr. Khan, un dos autores, afirmou que "o próximo obxectivo do noso equipo é determinar as condicións ideais para o crecemento de fungos e a degradación do plástico".

O uso a gran escala do fungo, podería utilizarse nas plantas de tratamento de residuos e chans contaminados por plásticos. Xu Jianchu, director do proxecto, afirmou ao diario Xihuanet News, que "a biodegradación con fungos é unha forma importante para tratar a contaminación causada polos plásticos sintéticos".

Nos últimos anos proliferaron os estudos no campo da micorremediación, que estuda a capacidade dos fungos para a degradación e eliminación dos residuos. Os micólogos afirman que só unha pequena parte das especies de fungos foron estudadas, e que existen un gran número de especies potencialmente útiles. Con todo, a destrución de hábitats naturais como os bosques, supoñerá que moitas  especies de fungos perderanse antes de poder ser identificadas.

Vía: Gestores de residuos
Voltar o listado