Consegue grandes agasallos coa procura do tesouro da Tropa Verde!

QUE COMECE O XOGO!!

9c64589890431ef168bd51fba3e351bd612c2425

Tropa Verde e o Concello de Santiago lanzan un concurso cheo de diversión e grandes tesouros!!
 

A procura do tesouro coa Tropa Verde é un xogo con pistas que dirixen a fantásticos premios!

Para participar no presente concurso só tes que ser membro da Tropa Verde SCQ, descifrar pistas e completar retos que iranse publicando en Facebook, na páxina web www.tropaverde.org e enviados os correos electrónicos ao longo do período de vixencia do concurso. Con cada acerto os participantes recibirán un anaco de fotografía que terán que completar e que os levará a un lugar, un día e una hora en concreto onde se repartirán os premios.

Podes inscribirse de maneira sinxela cunha mensaxe privada dende o Facebook ou enviando un correo electrónico a info@tropaverde.org. Para elo teñen que facilitar o nome completo, número de teléfono, correo electrónico co que están dados de alta na Tropa Verde e indicar se teñen facebook.

A primeira persoa que chegue o lugar de encontro levará o cofre cheo de premios. Haberá outros dous premios para a segundo e o terceiro posto e sorteos entre todos os participantes.

As inscricións realizaranse dende o 10 de Maio ata o 16 de Maio de 2017. 
O período de participación comeza o 17 de maio.

Haberá 3 premios:

  • primeiro premio consiste en camiseta da Tropa Verde + Bolsa da compra Tropa Verde + GoPro Hero Session (Videocámara deportiva de 8MP somerxible) + tarxeta de memoria 32GB + cupón Tropa Verde cheque regalo do Gadis con 50 euros de desconto + cupón Tropa Verde sesión de fotos de Andreu Romaní Fotografía (1 hora de sesión de fotos + 5 fotografías en arquivo dixital).
 
  • segundo premio consiste en camiseta da Tropa Verde + Bolsa da compra Tropa Verde + Fitbit Charge 2 (pulseira actividade física e ritmo cardíaco) + cupón Tropa Verde de cheque regalo do Gadis con 30 euros de desconto.
 
  • terceiro premio consiste en camiseta da Tropa Verde + Bolsa da compra Tropa Verde + Enargy System Music Box (altofalante portátil inalámbrico) + cupón Tropa Verde de cheque regalo do Gadis con 20 euros de desconto.
 
SORTE A TODOS!!
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando