Conferencia final do Proxecto Europeo Tropaverde - Rewarding Recycling
O Concello de Santiago de Compostela organiza este evento para dar peche ao Proxecto Europeo, Tropaverde Rewarding Recycling, a través dunha xornada moi interesante sobre residuos e medio ambiente.
O Concello de Santiago de Compostela está a organizar unha xornada sorprendente para pechar o Proxecto Europeo "Tropaverde Rewarding Reciclyng" con esta conferencia final.
- Terá lugar o vindeiro martes, 11 de maio no salón de actos do Edificio CERSIA. De 10-14.30h.
- Hai prazas limitadas para asistir. Para inscribirse, preme aquí.
- Tamén irán retransmitir todas as intervenccións de xeito libre a través da canle de Youtube do Concello de Santiago de Compostela.
Deixámosvos un resumo da axenda do evento, que conta coas seguintes intervenccións:
· XUNTA DE GALICIA - Estratexia de Economía Circular de Galicia. - Intervén Xesús Castro López. Xefe do Servizo de Residuos da Dirección Xeral de
Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia
· SOGAMA - Presentación da empresa e da estratexia de tratamento da fracción orgánica. Programa de compostaxe doméstica e urbana. - Intervén Javier Dominguez Lino. Presidente de SOGAMA
· CONCELLO DE CARBALLO - Experiencias municipais pioneiras en Galicia na implantación do colector marrón. Programa “Ti tés a chave”. - Intervén Luís Lamas Álvarez, concelleiro delegado de Obras e Servizos do Concello de Carballo
· CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA - Implantación no Concello de Santiago do quinto colector marrón para a fracción orgánica. - Intervén un técnico do Departamento de Medio Ambiente do Concello de Santiago de Compostela
· ECOEMBES - A recollida selectiva en Galicia en datos. - Intervén Bruno de Llano Gómez-Ulla, especialista na xestión Local e autonómica
· USC. GRUPO ICEDE DE ECONOMÍA APLICADA. FACULTADE DE CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS. - Da economía da reciclaxe á economía circular: prolongación da vida dos produtos e redución do consumo - Intervén Xavier Vence, catedrático de Economía Aplicada da USC. Coordinador do
ICEDE e coordinador máster DEIN.
· CHOLITA. EL NUEVO MUNDO DE LAS REDES DE PESCA. ECONOMÍA CIRCULAR E DESEÑO - Intervén Gema Neira Surribas, xerente da empresa de economía circular Cholita
· TEIMAS DESENVOLVEMENTO - Presentación da iniciativa Tropa Verde e das novas ferramentas tecnolóxicas no eido da xestión dos residuos. - Intervén Juan Daniel Cid Fernández, representante da empresa tecnolóxica TEIMAS Desenvolvemento SL.
Voltar o listado