Conecta coa natureza con Tropaverde no Día Mundial do Medio Ambiente 2019

Conecta coa natureza con Tropaverde e entra no sorteo de 10 cheques Gadis con 10 euros de desconto!

2cde967f3b9b0dcd27d86fd217a8d986f60a9ed2
Debido á importancia que ten para os seres humanos a conservación e o mantemento do medio ambiente, estableceuse a nivel mundial un día especial, este día é o Día do Medio Ambiente. O motivo de ter o seu propio día é o de sensibilizar e concienciar á sociedade de todos os países no coidado do mesmo.

O medio ambiente é todo o que nos rodea, a nosa contorna e é o que nos condiciona a nosa forma de vida. O medio ambiente de forma natural, non necesitaría da protección do ser humano, xa que el mesmo é capaz de conseguir o equilibrio perfecto. Pero desde que o ser humano inflúe no seu desenvolvemento, o equilibrio rompeuse.

A utilización de pesticidas nos cultivos que provocan as filtracións de produtos químicos aos acuíferos, os lixos incontrolados, a queima e talla de bosques e montes, as verteduras de todo tipo ao mar e ríos, e así un longo etcétera, son os motivos polos que o noso medio ambiente está a degradarse e se non tomamos conciencia, chegaremos ata a súa destrución.

No ano 1972, a Asemblea Xeral da Nacións Unidas, coñecedores da gravidade da situación, acordaron establecer o 5 de xuño de cada ano, como o Día Mundial do Medio Ambiente. A día de hoxe este día é conmemorado por mais de 100 países en todo o mundo.

Este evento mundial ten de carácter anual, celebrarase en todo o mundo o vindeiro luns 5 de Xuño de 2019. Todos os anos elíxese un lema conmemorativo, para este ano 2019 o Tema do Ano é:

«CONECTANDO A XENTE COA NATUREZA – NA CIDADE E NO CAMPO, DESDE OS POLOS ATA O #ECUADOR»

Con este lema, preténdese concienciar e sensibilizar á sociedade en todos os temas relacionados co medio ambiente, o seu coidado e protección. Motivar á poboación para que vivan onde vivan, sexa no campo ou na cidade, na montaña ou nos vales, todos conectemos coa natureza e dentro das nosas posibilidades coidala e protexela.

Principal atención poñerase en facer entender e concienciar ás distintas comunidades, sobre a importancia dun cambio de actitude, fronte á conservación e o seu mantemento, para desta forma, evitar a súa degradación.

CONECTA COA NATUREZA CON TROPAVERDE

Para conmemorar este día a Tropaverde lanza un concurso "Conecta coa natureza con Tropaverde". Para participar no presente concurso os membros da Tropaverde deberán compartir fotografías nas redes sociais e etiquetar a Tropaverde de Santiago de Compostela (@tropaverdeSCQ) cos hashtags #conectacoanatureza #tropaverdeconecta, buscamos fotografías que conecten coa natureza e mostren un compromiso dos usuarios co mantemento dos nosos espacios naturais, exemplos:

  • Recollida de residuos en espazos naturais: monte, praia...
  • Utilización de alternativas reutilizables que non produzan desperdicios: bolsas, vasos, platos...
  • Coidado da contorna, etc.
Poderán participar nesta iniciativa todos os membros da Tropa Verde ata o 6 de Xuño de 2019 ás 00:00 h, se algún cidadán ou cidadá quere participar é non é membro da Tropaverde pode darse de alta en tropaverde.org

Entre todos os participantes da campaña realizarase un sorteo de 10 cheques con 10 euros de desconto no GADIS!! O sorteo realizara o venres 7 de xuño.

COMPARTE E PARTICIPA!!
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando