☼ CONCURSO de eco-propósitos !

Nestas datas queremos premiar a vosa implicación coa Tropaverde !

3a7f36bfeb91a1e4f98b7739776f991dd606d574
Comezar un novo ano é unha oportunidade perfecta para marcarse novos retos.

Nós queremos incentivar os teus con este concurso para gañar un kit de Cero Residuos: un lote de produtos de hixiene persoal, veganos, biodegradables e sen plásticos.

Como participar:

Fainos chegar o teu eco-propósito máis orixinal. 
Valorarase a creatividade e que o propósito non sexa demasiado fantasioso senón que teña aplicación real.


-En redes sociais:
Síguenos en Instagram, Facebook ou Twitter na nosa conta de @TropaverdeSCQ e deixa un comentario co teu eco-propósito para este 2022.
Debes estar rexistrad@ na Tropaverde de Santiago para participar.

-Por correo:
Envíanos o teu eco-propósito a info@tropaverde.org
Debes estar rexistrad@ na Tropaverde de Santiago para participar.


Tes ata o día 31 de decembro para facernos chegar o teu eco-propósito!
 A proposta gañadora será revelada o día 3 de xaneiro de 2022. 



Estamos desexando ler a vosa ilusión por implicarvos por un mundo máis verde!
Felices festas de todo o equipo da Tropaverde!


Proposta coordinada co Concello de Santiago de Compostela.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando