Como mostrar aos nenos a importancia de coidar o planeta

Ver unha película cos nenos é unha excelente maneira de pasar un bo intre xuntos e estreitar vínculos. Os nenos adoran as películas, non só son un momento para divertirse senón tamén para aprender e, sobre todo, para adquirir ou consolidar valores. Como os nenos identifícanse cos personaxes, tamén asumen os seus valores e formas de comportamento.

4c3b705373708a1882ec591ffd423a0042afad1a

Neste artigo encontraredes unha listaxe de películas, curtametraxes e documentais de temática ambiental para os vosos fillos (e para vós).

Unha selección de películas e documentais coa que poderedes ensinar aos nenos e nenas a importancia de preservar a contorna e a natureza que nos rodea. A biodiversidade, o cambio climático, a sociedade de consumo, o respecto aos animais e a natureza, o aforro enerxético... todos estes temas están tratados dalgunha ou outra maneira nesta lista co fin de concienciarnos.

 

·       Películas:

  • “LORAX. En busca datrúfula perdida” (2012)

O Val Trúfula, unha paisaxe rica en flora e fauna, está vixiado por Lorax, un bigotudo e gruñón protector do bosque enfrontado ao ambicioso Unha-Vez, que busca rendemento económico en cortar troncos.

Describe de maneira clara e directa as accións concretas tanto responsables como irresponsables dos seres humanos sobre o impacto ecolóxico e as súas futuras repercusións.

  • “WALL-E” (2008)

WALL-E é un robot deseñado polo ser humano para limpar todo o lixo que, amoreado durante séculos, fai imposible a vida na Terra. A única esperanza das persoas de regresar ó antes chamado planeta azul recae en Eve, unha robot de última xeración, e en Wall-E .

Con esta película preténdese reflexionar achega do consumismo voraz e a sustentabilidade do planeta, e ademais presenta unha sensibilidade fóra do común nas películas de animación.

  • 'Veciños invasores' (2006)

A tranquilidade para os animais do bosque acábase cando os humanos constrúen unha urbanización xunto ao seu hábitat. O medo inicial ante estes raros veciños pronto se transforma nunha oportunidade para aproveitarse deles. 

Ademais de facernos pensar na especie humana como os verdadeiros invasores que transforman a contorna o seu antollo presenta uns personaxes ben definidos que aos poucos aprenden a relacionarse cos humanos evitando o conflito. E ademais contén grandes doses de acción e diversión!

  • “O bosque animado” (2001):

A historia céntrase nos habitantes do bosque: o topo Furi e a súa namorada Linda, a gata Morriña, o rato Piorno ou o vello carballo Carballo, e na súa relación cos humanos ou, no caso da comunidade de árbores, cun novo veciño, Poste (eléctrico).

Esta película  transmite a idea de que hai que ter sensibilidade cara á vida que nos rodea, non só polos grandes problemas ambientais, senón tamén polo que temos máis preto. 

  • A Princesa Mononoke (1997):

Co fin de curar a ferida que lle causou un xabaril toleado, o mozo Ashitaka sae en busca do Deus Cervo, pois só el pode liberalo do sortilegio. Ao longo do seu periplo descobre como os animais do bosque loitan contra homes que están dispostos a destruír a Natureza.

Aínda que tal vez haxa algúns aspectos que non poidan entender se son moi pequenos, ofrece unha visión máis complexa achega do papel da nai natureza e da loita do ser humano por controlar toda a contorna, sen importarlle as consecuencias máis aló dos seus propios obxectivos. Ademais, é unha oportunidade para inicialos no cinema de Hayao Miyazaki. 

  • "Pocahontas" (1995) 

Este clásico de Disney  está ambientado durante a colonización inglesa do Estado de Virginia, e conta a historia da filla do Xefe Powhatan, que vixía a chegada dun gran grupo de colonos ingleses, guiados polo ambicioso gobernador Radcliff e o valente capitán John Smith. Smith namórase da princesa, dando así comezo a unha etapa de comprensión e entendemento entre razas.

Esta película é un verdadeiro canto á natureza e personifica á Nai Terra, convertida en todo un personaxe na película. Destaca o valor das pequenas cousas e denuncia o afán imperialista do home.

  • "Fern Gully" (1992):

Ferngully é un espectacular e frondoso bosque onde Batty descobre a Zak, un humano que está axudando a devastar o bosque. Pero cando Zack descobre a beleza e a maxia de Ferngully, promete salvalo. Sen embargo, quizá sexa demasiado tarde. O diabólico Hexxus está solto e decidido a destruír todo Ferngully...

 

·       Documentais:

  • Home: Vivimos nun período crucial. Os científicos din que só temos 10 anos para cambiar o noso modo de vida, evitar o esgotamento dos recursos naturais e impedir unha evolución catastrófica do clima da Terra. Cada un de nós debe participar no esforzo colectivo e debe tratar de sensibilizar ó maior número de persoas. Este documental fíxose para difundilo de maneira gratuíta.

https://www.youtube.com/watch?v=vRxXfpN1GTg

  •  O quecemento global e o efecto invernadoiro: un breve documental animado sobre as consecuencias que trae o cambio climático e o quecemento global.

https://www.youtube.com/watch?v=7zU0VzaNyjI

  • Comprar, tirar, comprar es el título de un documental sobre obsolescencia programada, es decir, la reducción deliberada de la vida de un producto para incrementar su consumo..https://www.youtube.com/watch?v=TUALXSZL2ww
  • Ciberbasura sin fronteras: Según Naciones Unidas, Europa produce cerca de 50 millones de toneladas de basura electrónica al año, de la que gran parte acaba en los vertederos de África y Asia. En Portada ha viajado hasta Agbogbloshie, a las afueras de la capital de Ghana, para mostrarnos la otra cara de la era tecnológica; uno de esos nuevos basureros que crecen en los arrabales de África, donde la antigua basura se mezcla con nuevos desperdicios, cada vez más peligrosos y contaminantes. https://www.rtve.es/alacarta/videos/en-portada/portada-ciberbasura-sin-fronteras/1432827/

·       Curtametraxe de animación:

  • MEN: Vídeo de tan só 3 min. de duración  onde se mostra a relación do home coa natureza  e o deterioro hacia ela.

 

https://www.youtube.com/watch?v=Ev0qVxk10FE

  • Os animais salvan o planeta: Entretidas escenas de debuxos animados de Animal Planet, que nos ensinan a importancia de coidar o noso planeta.

https://www.youtube.com/watch?v=zEI6uo0-2xg

  • Reducir, Reutilizar e Reciclar: Vídeo que mostra a canción Reducir, Reutilizar e Reciclar


https://www.youtube.com/watch?v=gKB_7MUPxT4

 

  • Life essence

 http://www.youtube.com/watch?v=rCUbwnUWs18

 

É moi importante realizar un “pequeno debate” sobre o medio ambiente e o coidado do mesmo xa que é unha das mellores maneiras para que os nenos aprendan sobre o mundo e que poidan expresarse.

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando