Como gañar estrelas da Tropaverde SCQ?

O obxectivo de Tropaverde é incentivar as boas accións ambientais e a reciclaxe a través de recompensas directas aos cidadáns comprometidos. 

D1ad886ac8b177b86a09b92fcac7f5f7d9d5f156

O funcionamento da Tropaverde é moi sinxelo: cada vez que calquer cidadán deposite un residuo (nos lugares que se indican no apartado "Gaña estrelas" da web) recibe un cheque con estrelas (puntos). Esas estrelas pódeas ir acumulando na súa conta para trocalas por descontos e agasallos que aparecen no apartado "Recompensas". As recompensas apórtanas os comercios e establecementos de hostalaría que colaboran como establecementos colaboradores da plataforma.

Onde podo gañar estrelas en Santiago?

  • Punto Limpo do Polígono do Tambre: situado na Vía Edison, número 46. É un centro de aporte voluntario de residuos que conta con 19 contedores e que pode ser usado por todos os particulares. Horario: Lu-Ve 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 19:30. Sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:30.
  • Punto Limpo de Piñor: situado no antigo vertedoiro, agora selado, converterase no primeiro de Galicia no que se instalará un sistema pioneiro de aproveitamento do biogás para a produción de enerxía eléctrica. Horario: L - V: 11:00 a 14:00 / 16:30 a 19:30 / S: 10:00 a 14:00 / 16:30 a 20:30
  • Punto Limpo Móbil: Vehículo adaptado que percorre os diferentes barrios co fin de que a veciñanza poida depositar os pequenos residuos domésticos para os que non existen colectores na vía pública. Enderezo: 1º sábado mes: Fontiñas // 2º sábado mes: Praza Roxa // 3º sábado mes: Virxe da Cerca // 4º sábado mes: Rural. Horario: Sábado de 10 a 13
  • Centro Sociocultural A Trisca: Corredoira das Fraguas, 92. Ten depósito para aceite vexetal usado, pilas e papel
  • Centro Sociocultural Castiñeiriño: Rúa Virxe de Fátima nº 1. A este centro podes levar: pilas usadas, aceite vexetal usado, tóners de impresora, tapóns de plástico así como papel e cartón.
  • Centro Sociocultural Conxo: Praza Aurelio Aguirre n. 1- Conxo. Colectores de pilas, aceite vexetal usado e/ou tapóns de plástico
  • Centro Sociocultural Fontiñas: Rúa Berlín, 13. Ten depósitos para o aceite vexetal usado ou pilas.
  • Centro Sociocultural Santa Marta: Antonio Rama Seoane nº6. Entrega de pilas usadas, tóners de impresora, aceite vexetal usado e tapóns de plástico.
  • Centro Sociocultural Vite: Rúa de Carlos Maside, nº 7. Poderás levar: pilas, tóners de impresora, tapóns de plástico, aceite vexetal usado, papel e cartón
  • Centro Sociocultural O Ensanche: Frei Rosendo Salvado 14-16 baixo. Depósito para tapóns de plástico, aceite vexetal usado e pilas usadas.
  • Centro sociocultural Pontepedriña: Amor Ruibal, 26 baixo. Colectores para pilas usadas, aceite vexetal usado e tapóns de plástico.
  • Centro Sociocultural Amio: Rúa A Muíña, 63. Neste centro recóllense pilas usadas, aceite vexetal usado e tapóns de plástico.
  • Centro Sociocultural As Cancelas: Calzada das Cancelas, 19 baixo. Poderás levar:  pilas usadas e tapóns de plástico.
  • Centro Sociocultural Almáciga: Rúa Betanzos, 55. Colestores para a recollida de pilas usadas, aceite vexetal usado e tapóns de plástico.
  • Centro Sociocultural Casa Agraria: Rúa Tabaniscas, 11.  Neste centro recóllense tapóns de plástico e aceite vexetal usado.
  • Centro Sociocultural de Villestro: Lugar de Quintáns - Villestro. Colectores para aceite vexetal usado, tapóns de plástico ou pilas.
  • Centro Sociocultural de Marrozos: Ardagán de Arriba, 7. Entrega de tapóns de plástico.
  • Centro Sociocultural A Gracia: San Silvestre, 6. Recollida de aceite vexetal usado e tapóns.
  • A Casa das Asociacións: Rúa Manuel Beiras, 3. Poderás levar: papel-cartón, pilas, aceite vexetal usado e tapóns de plástico.
  • ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza): Travesa dos Basquiños, 9 Baixo. Depósito de roupa usada. Colabora tamén na campaña "Movilízate pola selva" de recollida de móbiles en desuso para o seu posterior reciclado ou reutilización.
  • Escola de Artes Mestre Mateo: Rúa Virxe da Cerca, 32. A este centro podes levar: pilas usadas, tapóns de plástico así como papel e cartón.
  • Centro Sociocultural de Laraño: Rúa Riobo s/n - Laraño. A este centro podes levar: tapóns de plástico
  • Centro Sociocultural de Sar: Ponte do Sar, 43 baixo (esquina rúa Diego Bernal). Depósito de tapóns de plástico.
  • Centro Sociocultural de A Rocha: Rúa do Beado, 1 Rocha Vella - Santiago de Compostela. Colectores para tapóns de plástico e aceite vexetal usado.
  • RADIO TELEDOMESTIC: Rúa de Amor Ruibal, nº 1. Entrega de pequenos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos
  • Star Center Costa Vella: Rúa Amio, nº 116Entrega de pequenos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos
  • Cenor Klima: Avenida de Vilagarcía, 38. Entrega de pequenos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos
  • Cenor Santiago: Rúa da Angustia, nº 17. Entrega de pequenos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos
  • Star Center Santiago: Plaza de Vigo, nº 2. Entrega de pequenos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos
  • ITC: Rúa Valiño, nº 1, Baixo D. Entrega de pequenos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos
  • Tien21 Santiago: Rúa Montero Ríos, nº 36. Entrega de pequenos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos
  • ENVÍO DE FOTOGRAFÍAS: Gaña 10 estrelas tan só por enviar unha foto colaborando coa TropaVerde a info@tropaverde. org

Cantidades mínimas a reciclar para acadar un cheque

Por cada entrega de residuos entregarase UN SO CHEQUE independentemente do número de residuos e do tipo, sempre respectando as cantidades mínimas especificadas na seguinte listaxe:

  • Aceite usado: 1 litro
  • Pilas: 10 unidades
  • Tapóns: 1 bolsa de conxelados chea
  • Papel-cartón: 1 bolsa grande das de papel
  • Tóners : 3 unidades
  • Roupa: 6 prendas de roupa grandes ou 12 prendas de roupa pequenas
  • Puntos Limpos: 0,5 kg de residuos
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando