Chega a lotaría da Tropa Verde!!

Entra no sorteo de 2 cupóns dun gran premio "comprando" lotaría da Tropa Verde

Oder%c3%a1n participar nesta iniciativa todos os membros da tropa verde
  • Quen?

Poderán participar nesta iniciativa todos os membros da Tropa Verde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropa Verde pode darse de alta en tropaverde.org


  • Como?

A lotaría da Tropa Verde consiste en adquirir con estrelas da Tropa Verde (como unha recompensa) un décimo de “lotaría” durante o período de vixencia. O número da lotaría será polo tanto o CÓDIGO DO CUPÓN. 

Con estos “décimos” poderás entrar no sorteo dun GRAN PREMIO.

O gran sorteo realizarase o 7 de Xaneiro.


  • Cando

A iniciativa levarase a cabo dende 29 DE XULLO ata DECEMBRO do 2018. Neste periodo os usuarios da Tropa Verde poderán conseguir os seus cupóns.

O gran sorteo realizarase o 7 de Xaneiro.

  • Premio

Sorteo de 2 PREMIOS composta cada un por:

Estancia duna noite nunha habitación doble con almorzo incluído na Quinta de San Amaro (MEAÑO)  + Cea completa no Restaurante da Quinta de San Amaro con adega incluída + visita a Adega Mar de Frades con degustación + 1 masaxe relaxante  por persoa.

O Bono terá duración dun ano dende a data de emisión, menos nos meses de Xullo e Agosto.

Débese ter en conta que dende novembro ata abril o restaurante permanecerá pechado de luns a xoves.


Bases para optar ó premio enmarcado na iniciativa “Tropa Verde” e que leva por título “Lotaría Tropa Verde”

PRIMEIRA.- Obxecto e marco de referencia

A campaña que Teimas Desenvolvemento S.L. NIF B70179973, en adiante "Teimas" como a empresa ideadora da Tropa Verde, no ámbito do incentivo da reciclaxe presenta “Lotaría Tropa Verde”, concurso que inclúe un sorteo no que poderán participar todos os membros da Tropa Verde.

O obxectivo non é outro que dar un paso máis sobre a necesaria tarefa de concienciación cidadá e promover o interese dos cidadáns na iniciativa Tropa Verde, que ten como obxectivo mellorar os índices de reciclaxe, rebaixando os custos de xestión de residuos. Se incentiva o cidadán a reciclar mediante recompensas directas por cada boa acción ambiental a través da súa páxina web.


SEGUNDA.- Mecánica do concurso

Co motivo dos 3.000 usuarios da Tropa Verde realizarase un concurso con sorteo de premio.

Para participar no presente concurso os participantes deben seguir as seguintes instrucións:

  1. Ser membro da Tropa Verde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropa Verde pode darse de alta en tropaverde.org só precisa un correo electrónico e un contrasinal.

  2. Conseguir estrelas da Tropa Verde nos diferentes puntos emisores. Podes saber cales son no apartado de Gaña estrelas da web. Trocar as estrelas por lotaría da Tropa Verde no apartado de Recompensas da web. O número da lotaría corresponderá co CÓDIGO DO CUPÓN. 

  3. Se permite participar todas as veces que se queira, cantos máis cupóns, máis oportunidades de gañar.

  4. Con todos os “décimos” trocados realizarase un sorteo dun GRAN PREMIO.


TERCEIRA.- Ámbito persoal e territorial

Poderán participar neste concurso todos os membros de Tropa Verde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropa Verde pode darse de alta de maneira moi sinxela en www.tropaverde.org.


CUARTA.- Prazo de participación

O período de participación e do 29 XULLO ó 31 de DECEMBRO. O gran sorteo realizarase o 7 de Xaneiro.


QUINTA.- Descrición do premio

Sorteo de 2 PREMIOS composta cada un por:

Estancia dunha noite nunha habitación doble con almorzo incluído na Quinta de San Amaro  + Cea completa no Restaurante da Quinta de San Amaro con adega incluída + visita a Adega Mar de Frades con degustación + 1 masaxe relaxante  por persoa.

O Bono terá duración dun ano dende a data de emisión, menos nos meses de Xullo e Agosto.

Débese ter en conta que dende novembro ata abril o restaurante permanecerá pechado de luns a xoves.

Dirección: Rúa San Amaro, 6 (salida número 14 de la autovía del Salnés, dirección Meaño) – 36968 Meaño – Pontevedra

Email: info@quintadesanamaro.com

Teléfono: +34 630 877 590


SEXTA.- Gratuidade da participación

A participación neste concurso é de balde.


SÉTIMA.- Condiciones das candidaturas

A candidatura dos diferentes participantes se fará efectiva no momento de trocar o cupón-lotaría.


OCTAVA.- Xurado

O xurado desta campaña estará conformado polos membros do equipo da Tropa Verde.

Teimas queda exonerada de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos participantes que impedise a súa correcta identificación.

Teimas resérvase o dereito para efectuar, en calquera momento, cambios que redunden no bo fin do concurso, tales como, a título enunciativo pero non limitativo, ampliación do período do concurso, inclusión de novos premios ou modificación das condicións de participación, ou cando concorra calquera causa de forza maior que impida levalo a termo na forma en que se describe nas presentes bases. Ditas modificacións serán comunicadas na páxina web da Tropa Verde (www.tropaverde.org) e/ou nas redes sociais da Tropa Verde a tódolos participantes.

Teimas non se responsabilizará da perda, avaría ou destrución do premio.


NOVENA.- Difusión e publicación

1. A Tropa Verde poderá proceder a divulgar a través dos seus propios medios (páxina web da Tropa Verde, redes sociais e comunicados de prensa) os resultados e participación deste concurso.

2. Os gañadores autorizan expresamente o uso das gravacións audiovisuais e fotografías que poidan realizarse durante a súa participación, así como a súa posterior utilización coa finalidade autopromocional da campaña, o que incluirá a súa reprodución e comunicación pública naqueles medios que a Tropa Verde considere oportunos sen límite temporal algún.

3. A participación nesta iniciativa supón a aceptación de todas as bases.


DÉCIMA.- Protección de datos

En cumprimento do Reglamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta o tratamento de datos persoais e é libre circulación destes datos e polo que derógase a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeneral de protección de datos), TEIMAS tratará a información que nos facilita co fin de enviarlle publicidade relacionada coas nosas campañas e concursos por calquera medio (postal, email ou teléfono) e convidarlle a eventos organizados pola empresa. Os datos proporcionados conservaranse mentres non solicite o cesamento da actividade. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obrigación legal. Vostede ten dereito a obter confirmación sobre se en Teimas estamos a tratar os seus datos persoais por tanto ten dereito a acceder aos seus datos persoais, rectificar os datos inexactos ou solicitar o súa supresión cando os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recolleitos.


UNDÉCIMA.- Aceptación e interpretación das bases

A participación no mencionado concurso supón a aceptación das presentes bases, así como a aceptación da interpretación que das mesmas puidese facer Teimas e dos criterios que estableza para resolver cantas cuestións derívense do mesmo.

As bases desta promoción estarán a disposición de calquera interesado nas oficinas de Teimas en Santiago de Compostela, e na páxina web https://www.tropaverde.org/.


DUODÉCIMA.- Ley aplicable

A lei aplicable á presente promoción será a española


Voltar o listado