Aviso importante: a recollida de tapóns nos centros socioculturais está paralizada ata novo aviso

Lanzarase un novo aviso cando a recollida se restableza.

37e7a4cacac879ab6cb4e0d6bade22f78086cba5

A atípica situación que estamos a vivir por mor da COVID19 obrigou a paralizar a recollida de tapóns nos centros socioculturais do concello de Santiago de Compostela. Mentres esta situación se mantén, no caso de que non che sexa posible achegar os tapóns aos locais das asociacións que continúan coa súa recollida, lembra que a forma axeitada de desbotalos é depositalos no contedor amarelo (o de envases lixeiros).


Malia esta situación, a recollida doutros tipos de residuos, como por exemplo pilas ou aceite de cociña usado, segue realizándose con normalidade. Nesta ligazón tes dispoñible a lista de puntos de entrega de residuos nos que conseguir estrelas ⭐e a tipoloxía de residuos admitidos en cada un deles. Ademais, lembra que están operativos os puntos limpos de Piñor e do polígono do Tambre.


Así mesmo, tamén podes conseguir estrelas facéndonos chegar fotografías das túas boas accións medioambientais.


Dende a Tropaverde agradecémosvos enormemente o esforzo realizado ata  o de agora e animámosvos a seguir coas boas accións medioambientais. En canto a recollida de tapóns nos centros socioculturais volva funcionar con normalidade, avisarémosvos a través das novas vías de comunicación habituais (esta sección de novas da páxina web, o noso perfil de Facebook Twitter e o boletín mensual de novas).

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando