As vantaxes de comprar a granel

Mercar a granel significa que nós escollemos e collemos a cantidade do produto que queremos. Os envases podémolos traer da nosa casa, reutilizando bolsas de papel, botellas, tuppers, etc., ou coller os da tenda. Neste artigo abordaremos as vantaxes de mercar a granel, limitándonos aos produtos non perecedoiros como legumes, fariñas, pastas, arroces, cereais, froitossecos, etc.; aínda que tamén podemos mercar a granel a carne, o peixe, os froitos, a verdura, o queixo, etc. Por non perecedoiros entendemos tamén os produtos de hixiene, cosmética ou limpeza.

D004f1e0633c75cfed135e0bb7b4a9e011f53f5a
AS VANTAXES PARA QUEN MERCA

 - Máis libre: Como consumidor/a escolles libremente canto queres mercar,o comercio non nos impón a cantidade que quere que merquemos(ás veces máis do necesario), nin tampouco a publicidade ten tanto poderde manipulación sobre nós. Ademais, podes ver e probar o produto antesde mercalo para saber se che gusta. 

- Máis económico: Como non hai envoltorio, non pagas por el. Ademais,é máis doado comparar os prezos e saber o que realmente custa o produto.No prezo final dun produto, o envasado vai incorporado. E, por riba,gañas espazo na túa casa. 

- Máis social: A miúdo, hai menos intermediarios entre o produtor e atenda e o bo trato de proximidade fai a diferenza. Este é o camiño caraá soberanía alimentaria, a economía social e o sentimento de comunidade. 

- Máis información: Podes ler a orixe do produto ou preguntar na tendapola súa procedencia, recibindo un servizo de calidade, xa que as persoasque o venden, normalmente, están ben enteradas e pódencheaconsellar. Tamén poderás atopar á maiores informacións sobre actividadesde sensibilización sobre o consumo responsábel, obradoiros decociña, etc. 

- Máis sostíbel: Mercando a granel, axudas o medio ambiente, reducindoos envases e botando fóra da túa vida os envoltorios de plástico individuais,as caixas de cartón, etc., que son moi custosos para o medio natural,por mor de como se producen (polos materiais e as fontes deenerxía empregadas) e pola dificultade da súa reciclaxe. 

ONDE SE PODE MERCAR A GRANEL NA GALIZA? 

A venda a granel xa estaba aquí hai tempo e aínda quedan lugares, comofroitarías, “ultramarinos” que venden tortas a granel, por exemplo, ou legumesnas prazas e feiras. Mercar a granel non é unha revolución, éunha volta ao sinxelo e eco-lóxico. O consumidor ten máis poder de decisión,sáelle máis económico e favorece ao medio ambiente e á sociedadeen xeral. 

Por norma, as tendas a granel e de venda de produtos ecolóxicos aumentaronclaramente nestes últimos anos. Pode ser que sexa un fenó-meno de moda ou causado pola crise (económica, medioambiental esocial), ou porque unha parte dos cidadáns tomamos conciencia da importanciade cambiar o noso modelo de consumo. Ademais, no caso denon poder desprazarnos, algunhas destas tendas ofrecen un servizo devenda na casa ou por internet. 

Xunto con este artigo, presentamos un listado dalgunhas tendas queofrecen unha ampla variedade de produtos a granel na Galiza. Advertimosque non están incluídas as tendas de tés e infusións que venden agranel (por exemplo: Queroté en Compostela, Tea Garden na Coruña,Tea for Two en Lugo, Tea Bridge London en Arteixo, etc.). Nesta listaxe,non todas as tendas teñen só produtos ecolóxicos certificados. O Graneirode Amelia, por caso, ten a súa marca propia e afirma que o 80%do que vende son produtos galegos. Logo, existen outras tendas ecosen granel ou con escasos produtos sen envasar. Pero a maioría dosprodutos que se venden a granel son ecolóxicos, de comercio xusto elocais, porque este tipo de tendas adoitan estar concienciadas e traballarpolo consumo responsábel. Por tanto, tampouco incluímos os supermercadosou grandes almacéns. É máis sustentábel defender o comerciolocal ante ás grandes multinacionais. Tampouco nos referimos ás tendasde larpeiradas a granel ben coñecidas polas crianzas, limitándonos aprodutos básicos, sans e da mellor calidade posíbel. 

Debemos destacar que algunhas tendas son á vez cooperativas e gruposde consumo (Xoaniña, Eirado, etc.) que fomentan o consumo responsábele a granel, facendo ponte con outras cooperativas, por exemplo, de aceite. 

Atendendo á listaxe que acompañamos, decatámonos de que os produtosmais comúns na Galiza para a venda a granel son os legumes, oscereais e as sementes, é dicir, os produtos alimenticios. Poucas tendas comercializan cosmética ou deterxentes no país.

Vía: Revista Cerna
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando