As froitas e verduras de novembro

Empeza novembro e trae consigo novas froitas e verduras de tempada. Descobre a lista do mes e os seus beneficios para a saúde! Porque comer local e de tempada é bo para a saúde e tamén para o planeta!

7db3ba032db0062c9d62df189d30d0b6f352f76a

As froitas de novembro


O caqui é fonte de fibra e tamén ten carotenoides, de propiedades antioxidantes, que lle dan a súa fermosa cor.

A granada encabeza a lista de antioxidantes, especialmente o zume de granada, cuxa capacidade antioxidante afírmase que supera á do té verde e o viño tinto.

kiwi é o campión da vitamina  C: 2  kiwis cobren o 100 % das necesidades diarias de vitamina C dun adulto.

A mandarina contén unha cantidade importante de vitamina  C. Ademais da súa acción antioxidante, a vitamina C contribúe ás defensas  inmunitarias e facilita a absorción do ferro.

A mazá, do mesmo xeito que a pera, concentra prezados antioxidantes na súa pel, polo que debe elixirse ecolóxica, xa que é unha das froitas con máis tratamentos.

A laranxa, como a clementina e a mandarina, é rica en vitamina C, unha vitamina importante no inverno para estimular as defensas  inmunitarias.


As verduras de novembro


A acelga é unha hortaliza a miúdo incomprendida, con todo, é moi rica en fibra e antioxidantes, que son esenciais na xestión dos niveis de azucre no sangue.

alcachofa é rica en inulina, que ten unha acción beneficiosa sobre o desenvolvemento da flora intestinal e o seu equilibrio. Tamén facilita a eliminación  urinaria.

O brócoli é rico en  glucosinolatos, compostos que exercen unha acción protectora contra o cancro e axudan a eliminar as toxinas. É preferible cociñalo só lixeiramente, xa que pola contra destrúense os  glucosinolatos.

A cabaza é rica en carotenoides, antioxidantes beneficiosos para previr moitas enfermidades. As súas sementes tamén teñen numerosos beneficios!

A col, do mesmo xeito que a súa curmá a coliflor, é rica en glucosinolatos. Tamén contén cantidades interesantes de vitamina C.

A coliflor é rica en  glucosinolatos, substancias presentes nas verduras  crucíferas que teñen un papel protector contra o cancro grazas á súa capacidade para axudar ao fígado para eliminar as substancias tóxicas.

A endibia é unha variedade de  escarola. É rica en vitaminas C, B e K, que contribúen a reforzar o sistema  inmunitario.

A escarola contén acedo chicórico – un compoñente de propiedades antioxidantes – e vitaminas A, B9 e K.

A espinaca é rica en  betacaroteno, que ten un efecto beneficioso para a saúde ocular. Tamén dispón dun forte poder antioxidante que participa na prevención do cancro.

A leituga contén antioxidantes, os carotenoides, que se absorben mellor cando se acompañan dunha fonte de graxa, como un aderezo a base de aceite. Por tanto, adeus aos  aderezos lixeiro!

nabo é rico en vitaminas, especialmente en vitamina C, B9 e B6. Tamén é fonte de calcio e potasio, necesarios para a boa saúde ósea.

O allo porro é da mesma familia que o allo e a cebola. O allo porro é moi rico en fibra e  potasio.

A remolacha contén un gran número de potentes antioxidantes de efecto beneficioso para previr a  hipertensión, ao reducir a tensión arterial.

A cenoria é unha fonte importante de  carotenoides, compostos que lle dan a súa fermosa cor laranxa e son beneficiosos para a protección celular.


Artigo traducido ao galego dende Yuka. Consulta aquí o orixinal.
Imaxe de Ruthie Prasil
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando