Aberto o prazo de inscrición no curso de mestría en compostaxe ata o 2 de novembro

O prazo para solicitar a inscrición rematará o día 2 de novembro ás 08.00 h. Os solicitantes deberán presentar o currículum e unha carta de motivación para acceder a unha das dez prazas que ofrece o curso na súa edición de Santiago de Compostela. 

7979210a94f1499c07bd71272f623dff2a976d32

Amigos da Terra España organiza este sexto curso, o cuarto que celebran en Galicia, dentro do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica, en colaboración co Concello de Santiago e a Deputación Provincial da Coruña, e cofinanciado co Fondo Social Europeo.


O curso está destinado a persoas en situación de desemprego, preferentemente mulleres menores de 35 e maiores de 45 anos. Terá lugar entre os días 4 e 19 de novembro, cunha duración de 50 horas lectivas, das cales 36 serán de formación teórica online e as outras 14 empregaranse en visitas e prácticas presenciais tanto en horario de mañá como de tarde. Por mor das recomendacións sanitarias o curso desenvolverase de xeito online na súa parte teórica e presencial nas prácticas. Atoparás máis información e o programa seguindo esta ligazón.


Nesta ligazón atopará o formulario de inscrición.


Tes toda a información dispoñible na páxina web de Amigos da Terra.


Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando