A Tropa Verde conmemorou o Día Mundial do Medio Ambiente con varias actividades!
Varias actividades conformaron esta xornada festiva!
A Tropa Verde conmememorou o Día Mundial do Medio Ambiente con varias actividades!
Pola mañá na Praza de Abastos co reparto de bolsas para a compra con deseño especial da Tropa Verde, agasallo de estrelas e informando das vantaxes que ten formar parte da Tropa Verde. Deste xeito o Concello de Santiago adiántase ao proxecto de Real Decreto sobre redución do consumo de bolsas de plástico, onde as tendas estarán obrigadas desde 2018 a cobrar 5 céntimos pola bolsa de plástico.
Pola tarde na Praza do Toural, realizando o último reto da "Procura do tesouro coa Tropa Verde", onde os asistentes superaron todas as expectativas de participación. Este xogo con pistas comezou o 17 de maio e os participantes tiveron que ir superando retos que ían dende preguntas ata a reciclaxe de tapóns, con cada acerto os participantes recibiron un anaco de fotografía que completaron e os levou á Praza do Toural o 5 de xuño ás 17:30 . E como non podería ser doutra forma esta última proba consistiu en buscar os premios na propia praza. Os tres premios consistiron en:
- Primeiro premio: camiseta da Tropa Verde + Bolsa da compra Tropa Verde + GoPro Hero Session (Videocámara deportiva de 8MP somerxible) + tarxeta de memoria 32GB + cupón Tropa Verde cheque regalo do Gadis con 50 euros de desconto + cupón Tropa Verde sesión de fotos de Andreu Romaní Fotografía (1 hora de sesión de fotos + 5 fotografías en arquivo dixital).
- Segundo premio: camiseta da Tropa Verde + Bolsa da compra Tropa Verde + Fitbit Charge 2 (pulseira actividade física e ritmo cardíaco) + cupón Tropa Verde de cheque regalo do Gadis con 30 euros de desconto.
- Terceiro premio: camiseta da Tropa Verde + Bolsa da compra Tropa Verde + Energy System Music Box (altofalante portátil inalámbrico) + cupón Tropa Verde de cheque regalo do Gadis con 20 euros de desconto.