A ONU advirte que o lixo electrónico podería duplicarse en 2050

A Organización de Nacións Unidas advertiu que 53 millóns de toneladas de residuos electrónicos xéranse cada ano no mundo e que, a este ritmo, este lixo duplicarase considerablemente para o 2050.

Af4017ec257c1d3cdd2266eba38aee161f586c9c
Segundo a Fundación Mundial da Reciclaxe, a moda de usar e tirar os teléfonos e outros dispositivos como frigoríficos ou televisores, supón unha ameaza real para o  medioambiente e a saúde das persoas.

Back  Market, unha empresa europea especializada no mercado de segunda man de aparellos e dispositivos electrónicos, pretende fomentar o consumo responsable e asegura que se podería reutilizar entre o 70% e o 90% dos residuos electrónicos.

Reutilizar un computador é ata 20 veces máis eficiente desde o punto de vista enerxético que reciclalo”, explicou  Thibaud  Hug de  Larauze,  CEO e cofundador de  Back  Market. De acordo coa regra das “catro erres da ecoloxía” (reducir, reutilizar, reciclar e recuperar), unha das razóns polas que reutilizar é unha mellor opción é que se alonga a vida do produto e redúcese o consumo de recursos e enerxía, mitigando así a cantidade de lixo electrónico. Ademais, hai que ter en conta que moitos dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos que se reciclan acaban en entulleiras ilegais, ou son exportados e tratados de maneira irregular para extraer e vender os seus materiais valiosos.

Algúns dos dispositivos que se refugan tamén contan con compoñentes perigosos, como baterías de ións de  litio,  cadmio, chumbo,  mercurio e outros materiais tóxicos. Cada ano envíanse miles de contedores repletos de residuos plásticos e electrónicos a países que xa non poden xestionar as cantidades inxentes de lixo que chegan aos seus portos.

A tenda en liña de dispositivos electrónicos usados  reBuy.es realizou o ano pasado un estudo que analizaba os residuos de teléfonos móbiles en 27 países. Con este estudo chegou á conclusión de que o número de teléfonos  arrinconados que existían entre todos os países que analizaron equivalía a 1.900 millóns de euros gastados en metais preciosos. España, a pesar de fomentar a reutilización de dispositivos electrónicos, era o décimo quinto país con 0,97 teléfonos móbiles  arrinconados  per  cápita.

Aínda que antigamente os refugallos electrónicos debíanse a produtos que se romperon ou quedaran obsoletos, na actualidade, as persoas desfanse dos seus dispositivos electrónicos por seguir as tendencias electrónicas. Por iso, medidas como as que propón  Back  Market poderían ser útiles para combater o dano que este lixo pode provocar ao planeta.

[Esta noticia foi publicada orixinalmente en 20 Minutos. Le o orixinal aquí]
Fotografía: Camilo Jimenez en Unsplash

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando