A economía circular e os seus 3 principios básicos

A economía circular trátase da economía que xorde como resposta á escaseza de recursos naturais, á contaminación do planeta e ao cambio climático. Ademais, busca novas fontes de recursos e de enerxía para atender ao desenvolvemento de todo o planeta.

Bb4fd5e531ed80a613d4dfb42255b3534b4184ae
Ademais de responder a unhas necesidades tan evidentes no mundo de hoxe en día, a economía circular tamén ofrece solucións á procura dunha maior competitividade das empresas, e ao desenvolvemento de modelos de negocio ou marcas que teñan en conta o seu impacto económico, social e ambiental.

Se isto da economía circular vai soando ben, a continuación contámosche os seus 3 principios básicos:

1. Preservar e mellorar o capital natural
Este principio consiste na procura dunha utilización dos fluxos de recursos naturais e renovables cada vez máis eficiente. Cando achegar recursos naturais sexa necesario, débense seleccionar aqueles que empreguen recursos renovables ou que utilicen menores cantidades de produtos naturais.

Unha economía circular mellora o capital natural creando condicións que, por exemplo, permitan a rexeneración do chan.


2. Optimizar o uso dos recursos
O segundo principio baséase en buscar unha maior rotación dos produtos e os seus compoñentes, logrando un maior ciclo de utilización, e polo tanto, un maior ciclo de vida. Para iso é fundamental o ecodeseño, de tal maneira que o produto se poida crear, reparar e/ou reciclar dunha maneira eficiente.

3. Fomentar a eficacia do sistema
Este terceiro principio alcánzase reducindo as externalidades dos procesos de utilización de recursos naturais (por exemplo, utilizando restos alimentarios, empregando menos ou mellor o territorio…), e buscando sinerxias entre os diferentes axentes que interveñen neste proceso.


Algunhas ideas relevantes na economía circular

Hai unha serie de ideas que se repiten continuamente cando se fala sobre economía circular. Queres coñecelas?

▪Ecodeseño: Trátase do deseño que idea o produto considerando os impactos ambientais ao longo de todo o seu ciclo de vida, en lugar de pensar só na súa primeira utilización. Sempre será máis sostible un produto que se deseñou pensando en reducir a xeración de residuos e en que facer con eles que un produto que non o fixo.

▪ Consumo e produción local e de tempada: Isto realízase optimizando a xestión territorial dos produtos e servizos.

▪ Reutilizar para  reintroducir no circuíto económico aqueles produtos que xa non se corresponden ás necesidades dos consumidores, pero que poidan seguir sendo útiles. Tamén reutilizar certas partes dos produtos que aínda poden funcionar para a elaboración doutros novos.

▪ Reciclar para aproveitar os materiais que se atopan nos residuos e darlles unha nova vida, facendo novos produtos con eles.

▪ Valorizar para aproveitar enerxéticamente os residuos que non se poden reciclar.

▪ Investigar para lograr novos usos ou materiais con máis compoñentes reciclados e máis reciclables. Todo isto, sempre baixo a premisa da sustentabilidade económica, social e ambiental.

▪ Innovar en novos produtos, servizos, proxectos, marcas e modelos de negocio que xeren riqueza, emprego de calidade e teñan un impacto social e ambiental positivo.

▪ Utilización dunha menor cantidade de enerxía por cada unidade producida. Non basta con fabricar con menos recursos, menos residuos e reciclar despois. Se perdemos o esforzo de redución de recursos naturais por un exceso de consumo enerxético nos diferentes ciclos de vida do produto, non estaremos a xerar apenas ningún impacto!

▪ Emprego de enerxías renovables. As enerxías renovables son circulares ”per se”, xa que reducen ao mínimo o uso de recursos naturais. Por iso, a súa incorporación nos ciclos de produción axudaranos a seguir avanzando na sustentabilidade do planeta.


Artigo traducido ao galego dende Ekomodo. Consulta aquí o orixinal.
Imaxe por Bela Geletneky 
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando