A contaminación prexudica o desenvolvemento cognitivo d@s nen@s

O cerebro infantil é especialmente vulnerable porque está en desenvolvemento. As emisións do tráfico afectan á memoria de traballo e á capacidade de atención


7f56620f53553cc937a8dd1df2dca634707c7a3f
Artigo traducido ao galego e adaptado de La Vanguardia. Le o artigo completo aquí.
Imaxe libre de Centers for Disease Control and Prevention (CDC)

@s nen@s que respiran aire contaminado na escola teñen un desenvolvemento cognitivo menor que aqueles que gozan dun aire máis limpo no patio e nas aulas. É a conclusión dun estudo do Centre de Recerca en Epidemiologia Ambiental ( Creal) no que participaron 2.715 alumnos de primaria de 39 escolas de Barcelona e Sant Cugat do Vallès. “Os nosos resultados indican que a contaminación do tráfico é neurotóxica para o cerebro infantil, que é especialmente vulnerable porque está en desenvolvemento”, declara Jordi Sunyer, primeiro autor do estudo. 

 Segundo os resultados publicados na revista Plos Medicine, todos os nenos desenvolven as súas aptitudes cognitivas a medida que crecen. Con todo, este desenvolvemento vese minguado en nen@s que van á escola en barrios con niveis altos de contaminación.O estudo avaliou, en nen@s de sete a dez anos, tres aptitudes que se desenvolven ao longo da etapa de educación primaria e que inflúen despois no rendemento académico dos alumnos. Avaliouse, por unha banda, a memoria de traballo, que é aquela que permite reter datos moi brevemente no cerebro sen chegar a memorizalos (como o que dicía a frase anterior para non perder o fío da lectura). Por outro, a chamada memoria superior de traballo, que permite reter datos máis complexos sen memorizalos e que é un indicador de intelixencia (como o que dicía o parágrafo anterior). Finalmente, a capacidade de atención.Estas tres aptitudes avaliáronse catro veces ao longo dun ano n@s alumn@s participantes no estudo. Nas tres observáronse diferenzas significativas entre os alumnos de escolas con niveis máis altos de contaminación e os de escolas con aire máis limpo.Nos tests de memoria de traballo, por exemplo, @s nen@s dos barrios máis contaminados melloraron un 7,4% nun prazo dun ano. Pero nas escolas situadas en zonas de aire máis limpo a mellora foi do 11,5%. Por tanto, un nivel alto de contaminación reduce en aproximadamente un terzo o desenvolvemento da memoria de traballo.“Non demostramos que esta diferenza teña consecuencias a longo prazo dado que só avaliamos os efectos durante un ano”, advirte Jordi Sunyer. Pero “se @s nen@s non recuperan máis tarde esta redución do crecemento cognitivo, a contaminación terá un efecto sobre o seu capital intelectual para toda a vida. Son nen@s que non chegarán a desenvolver todo o seu potencial cognitivo”. 

 O efecto resultou ser máis acusado en nenos que en nenas por motivos que se descoñecen. Sunyer lembra que os nenos son máis vulnerables a trastornos do desenvolvemento cognitivo como os do espectro autista ( TEA) ou o de déficit de atención e hiperactividade ( TDAH). O efecto tamén é máis acusado en nenos vulnerables como, precisamente, os afectados por TEA ou TDAH.A nivel de cada neno, “o efecto é relativamente pequeno”, tranquiliza o investigador: hai alumnos excelentes en todas as escolas independentemente do nivel de contaminación. Pero hai casos individuais en que este efecto pequeno pode ter consecuencias grandes, como nalgúns d@s nen@s máis vulnerables. E a nivel do conxunto da poboación, “o efecto é inequívoco; obsérvase claramente que a contaminación prexudica o desenvolvemento cognitivo”, sinala Sunyer.O estudo tamén detectou que o nivel de contaminación nas aulas é similar ao do patio, o que se explica porque as aulas se ventilan con frecuencia e non están illadas do aire exterior. 

 Outro dato relevante é que @s nen@s están expost@s a niveis máis altos de contaminantes na escola que na casa, lembra Sunyer. Isto débese a que as horas que pasan na escola coinciden coas horas de máis contaminación urbana. Ademais, na escola adoitan estar máis activos, mentres que en casa pasan máis horas descansando.O estudo, financiado polo Consello Europeo de Investigación, deseñouse despois de descubrir en experimentos con animais que os contaminantes do tráfico poden ser neurotóxicos. Nesta mesma liña, @s nen@s que estiveron expostos a niveis altos de contaminación durante o embarazo ou nos primeiros meses de vida, cando o cerebro está a desenvolverse rapidamente, sofren atrasos cognitivos.O estudo non aclara de que modo a contaminación actúa sobre o cerebro. Unha posibilidade, explica Sunyer, é que as partículas ultrafinas cheguen directamente ao cerebro e perturben a comunicación entre neuronas nalgunhas áreas. 

Unha posibilidade alternativa é que os contaminantes causen inflamación nos pulmóns e que sexan as moléculas inflamatorias que segrega o propio corpo humano as que accedan ao cerebro e afecten as neuronas.Sexa cal for o mecanismo, “é conveniente adoptar medidas para minimizar a exposición d@s nen@s aos contaminantes do tráfico”, sostén Sunyer. Dado que non se poden cambiar as escolas de localización, o investigador avoga por medidas que reduzan o tráfico e a contaminación nas zonas onde hai escolas. E, se se constrúen novas escolas, facelo lonxe das zonas de máis tráfico, como xa é obrigatorio en California

 Nunha recente reunión con representantes do Consorci d’ Educació de Barcelona, os investigadores do Creal propuxeron que os autocares escolares apaguen o motor cando estean aparcados xunto aos centros educativos e que todos estean obrigados a levar filtros de partículas.Para os pais que acompañan as/aos súas/seus fill@s en coche, propoñen que se habiliten zonas para deixar ás/aos nen@s a uns cen metros do centro escolar xa que “unhas decenas de metros de distancia son suficientes para rexistrar cambios na concentración de partículas”, observa Sunyer.Unha terceira posible medida sería utilizar tanto como sexa posible as aulas máis afastadas das vías de tráfico. Pero as máis importantes son as medidas encamiñadas a reducir o tráfico e as emisións contaminantes.Os representantes do consorcio de educación “mostráronse receptivos”, explica Sunyer. Adoptarán algunha das propostas que lles fixeron? “Non nolo dixeron”.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando