A Comisión Europea insta a España a que adopte a normativa da UE sobre as bolsas de plástico lixeiras

Os Gobernos nacionais poden elixir entre unha lista de medidas dirixidas a alcanzar os obxectivos acordados en común

34fe3294cbb2588c6be89010e7979eda6c540bcc
A Comisión Europea insta a España a que complete a incorporación da lexislación da UE en materia de residuos na súa lexislación nacional. En vista da loita contra a contaminación e o malgasto de recursos, os Gobernos da UE tiñan ata o 27 de novembro de 2016 para adoptar medidas a fin de reducir o consumo de bolsas de plástico lixeiras, tal como esixe a Directiva sobre bolsas de plástico [Directiva (UE) 2015/720]. 

Os Gobernos nacionais poden elixir entre unha lista de medidas dirixidas a alcanzar os obxectivos acordados en común. Ditas medidas poden incluír instrumentos económicos, por exemplo poñer un prezo ás bolsas de plástico lixeiras. Outra opción consiste no establecemento de obxectivos nacionais de redución: os Estados membros deben garantir que, ata finais de 2019, o consumo dese tipo de bolsas por persoa e ano non exceda de noventa. Antes de finais de 2025, ese número debe reducirse a non máis de corenta bolsas por persoa. Ambas as opcións poden conseguirse mediante medidas obrigatorias ou ben mediante acordos cos sectores económicos. Tamén é posible prohibir as bolsas a condición de que ditas prohibicións non excedan dos límites establecidos pola Directiva co fin de preservar a libre circulación de mercadorías dentro do mercado único europeo.

A Comisión verifica de forma prioritaria se os Estados membros cumpriron a obrigación de transposición da presente Directiva. Tras a recepción do ditame motivado, España dispón de dous meses para cumprir as súas obrigacións. De non facelo, a Comisión pode levala ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

España tamén ten dous meses de prazo para adaptar os plans de residuos de varias Comunidades Autónomas á lexislación europea, senón o estado español será denunciado ao TJUE.

Vía: Comisión Europea

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando