A Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (ADEN), renova a súa colaboración co proxecto Tropaverde.
Esta renovación dá continuidade ás accións emprendidas no marco da devandita colaboración e que perseguen impulsar e fomentar a correcta xestión dos pequenos aparellos eléctricos e electrónicos ( PAE) ao final da súa vida útil. Para conseguilo, grazas a esta colaboración, as persoas que depositen estes aparellos nos puntos habilitados para a súa recollida poderán conseguir estrelas (que son os puntos Tropaverde) e trocalos por premios e descontos nos establecemento colaboradores.
Como resultado desta renovación, neste ano 2021, os establecementos asociados a ADEN prorrogan o seu compromiso como puntos habilitados, onde a cidadanía pode facer entrega de pequenos aparellos eléctricos e electrónicos fóra de uso e recibir cheques con estrelas Tropaverde.
Ademais, ADEN seguirá premiando, un ano máis, as boas accións ambientais das persoas usuarias de Tropaverde. Este premio consistirá en descontos inmediatos de 20€ en compras superiores a 100 euros de equipos eficientes, nos establecementos asociados a ADEN e adheridos a Tropaverde nos concellos nos que esta iniciativa está implantada.
Para coñecer o tipo de eficiencia dun electrodoméstico, os compradores poderán consultar a etiqueta enerxética. Existen 7 clases de eficiencia identificadas por un código de cores e letras que van desde a cor verde e a letra A+++ para os equipos máis eficientes, ata a cor vermella e a letra D para os equipos menos eficientes.
Os de maior nivel de eficiencia e aos que se aplica o desconto da recompensa son os A+++, A++ e A+.
Lembrámosos establecementos adheridos no concello de Santiago de Compostela:
- STAR CENTER SANTIAGO: Praza de Vigo 2.
- CENOR SANTIAGO: Angustia, 17 – Baixo.
- CENOR KLIMA: Dirección: Av de Villagarcia, 38.
- EXPERT RADIO TELEDOMESTIC: Amor Ruibal, 1.
Tipo de residuos que se poden entregar nos establecementos asociados a ADEN para conseguir ⭐Tropaverde.
A continuación indícanse os diferentes tipos de residuos que poden ser entregados nos establecementos asociados a ADEN:
- Pequenos aparellos (sen ningunha dimensión exterior superior a 50 cm). Estes aparellos divídense en tres categorías: mantemento do fogar, preparación de alimentos e hixiene e beleza, por exemplo:
- Mantemento do fogar:
- Ferro
- Aspirador
- Estufa
- Ventilador
- Preparación de alimentos:
- Microondas
- Máquina para licuar froita
- Cafeteira
- Torrador
- Fritideira
- Batedor
- Robot de cociña
- Hixiene e beleza:
- Depiladora
- Máquina de afeitar
- Secador de pelo
- Moldeador
- Cepillo eléctrico
- Ferro para o pelo
- Tenaces rizadoras do cabelo
Entre todos e todas debemos promocionar a correcta xestión dos RAEE e as tendas de electrodomésticos locais, cunha maior proximidade no trato e identidade e compromiso coa súa zona de influencia, ofrecendo un valor engadido e incorporando criterios sociais e ambientais que contribúen a fomentar a Economía Social e Circular.