7 pasos para reducir o uso de plástico

Como propósito de reducir a cantidade de residuos xerados

E4af08ae876ce187c145d86dce7130e52b7d2553
1. Utiliza xabón en pastilla no canto de xel e champú
As pastillas de xabón non necesitan un envase plástico, normalmente e como moito están envolvidas en papel.

2. Usa as botellas de aluminio para beber fóra de casa e de cristal en casa
Cando compras auga embotellada, a maior parte do prezo débese ao envase. Se ademais pensas na cantidade de diñeiro e de plástico que vas aforrar non hai motivos a non beber a auga da billa.

3. Utiliza o cepillo de dentes de bambú
Aínda que creas que é un consumo de plástico moi pequeno pensa na cantidade de cepillos de plástico que hai no mundo. Os de bambú son biodegradables polo que xera menos problemas.

4. Utiliza tarros de cristal no canto de tuppers de plástico para almacenar comida
Cada vez que compres un tarro de vidro con marmelada, mel ou do que sexa, no canto de tiralo (ao colector verde) gárdao porque pode ser moi útil. Así o día no que che pases facendo crema de verduras ou que che sobre un pouco de mahonesa xa tes sitio para gardalo.

5. Realiza os teus propios iogures no canto de compralos
Non é algo difícil, mesmo pode facelo sen ter yogurtera e sen utilizar electricidade. Pero se crees que este método é complicado podes recorrer ás yogurteras que fan que sexa un proceso moi sinxelo.

6. Comprar a granel no canto de alimentos empaquetados
Cada vez que vaias comprar, ademais de acordarche de levar as túas bolsas reutilzables, pensa no  produto que che vas a levar e se ten unha alternativa con menos envases. É mellor esperar a quenda na carnicería que levar a típica bandexa de cortiza de branco cos filetes cortados.

7. Evita os alimentos precociñados ou preparados
A vós tamén vos pasou iso de estar no súper e ver unha ensalada xa feita, cortadita e preparada para comer e que che entren gañar de collela e evitar facer a cea? A min si, moitas veces, con ensaladas, pizzas, lasañas? a verdade é que parece difícil resistirse ata que analizas o que custa (en diñeiro) facelo en casa e o que custa cada paquete de comida. Entón te dás conta de que pagas polo envase e que a comida que venden nunca terá tanto amor como a que preparas en casa.


Vía: La hipótesis Gaia
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando