3 Concellos con Tropa Verde superan o reto de incrementar a reciclaxe de envases lixeiros

 Reto solidario lanzado pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes para incrementar a reciclaxe de envases lixeiros.

1538743180photo 2018 10 05 14 21 56
No reto "Recicla, Respira e Supérate" participaron 15 municipios galegos, dos que 10 lograron incrementar a reciclaxe de envases lixeiros, entre eles 3 concellos que incentivan a reciclaxe coa Tropa Verde: Santiago, Vilagarcís de Arousa e Redondela. O premio é un cheque de 2.000 euros que os concellos podían doar a unha causa social local. 

O reto era claro: tratábase de mellorar as cifras municipais do contedor amarelo, no que se depositan briks, latas e plásticos. Se esa melloría nas cifras superaba o 10 % con respecto ás do ano anterior, o bo facer dos veciños sería premiado con dous mil euros en metálico que deberían ir destinados a algunha causa social

Santiago de Compostela: 

 O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recolleu o premio ao Concello de Santiago no marco do reto solidario lanzado pola Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes para incrementar a reciclaxe de envases lixeiros. Compostela logrou aumentar nun 10 por cento a cantidade de envases lixeiros recollida nos contedores amarelos, con respecto ao ano pasado.

No caso de Compostela, o premio de 2.000 euros  irá para a Asociación Itínera, de voluntariado en saúde mental.

O concelleiro de Medio Ambiente e convivencia, Xan Duro, recolleu o premio nun acto que estivo presidido pola directora Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia, María Cruz Ferreira. Durante a duración do reto, Santiago recolleu 140.480 quilos de envases lixeiros en maio; 154.280 en xuño, e 127.320 quilos no mes de xullo 

Vilagarcía:

Liño Mouriño, concelleiro de Medio Ambiente foi o encargado de recoller o premio ao Concello de Vilagarcía, que decidiu neste caso que fose para Cáritas.

O motivo da elección de Cáritas, segundo apúntase desde Ravella, é que ambas as institucións colaboran xa desde hai algúns anos nunha iniciativa ambiental e de promoción do emprego. Se tata de Arroupa, unha actividade que consiste na recollida de roupa en distintos contedores que están colocados por todo o municipio, para o seu arranxo ou para a conversión en tecidos que, posteriormente, véndense en tendas. 

Vilagarcía recollleu 52.400 quilos de envases lixeiros en maio; 52.600 en xuño, e 57.480 quilos no mes de xullo.

Redondela:
O concelleiro de Medio Ambiente do concello de Redondela,  Miguel Ángel Álvarez, recolleu o premio.
Redondela recollleu 20.340 quilos de envases lixeiros en maio; 27.860 en xuño, e 33.040 quilos no mes de xullo.
Voltar o listado