Semana europea da prevención de residuos

Quen?

Toda a cidadanía.

Como?

Só precisas poñer a funcionar a túa neurona, un lapis e un papel!

No PDF que atoparás ao pé desta páxina recóllense un total de 15 preguntas relacionadas coa xestión de residuos (tamén anexamos outro PDF coas respostas... pero non vale facer trampas!). Só, en parella, en familia... con este xogo de preguntas porás a proba os teus coñecementos sobre as boas accións medioambientais que nos axudan a coidar do noso planeta.

As preguntas do cuestionario son de diverso tipo: resposta única, opción múltiple e formato "verdadeiro ou falso". Le cada cada pregunta detidamente e escolle a túa respota.

Canto sabes sobre redución de residuos?

Este cuestionario forma parte das centenas de accións programas na campaña Semana Europea da Prevención de Residuos. Este ano é a edición 12º e o eixo temático da mesma son os residuos invisibles. Para máis información sobre esta campaña e as accións que se desenvolverán, visita a sección de novas da Tropaverde.

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando