Lotaría da Tropaverde SCQ

Quen?

Poderán participar nesta iniciativa todos os membros da Tropaverde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropaverde pode darse de alta en tropaverde.org

Como?

A lotaría da Tropaverde SCQ consiste en adquirir con estrelas da Tropaverde (como unha recompensa) un décimo de “lotaría” durante o período de vixencia. O número da lotaría será polo tanto o CÓDIGO DO CUPÓN. 
Con estos “décimos” poderás entrar no sorteo dun GRAN PREMIO.
O gran sorteo realizarase o VENRES 20 DE DECEMBRO.

Cando?

A iniciativa levarase a cabo dende 8 DE NOVEMBRO ata O 19 DE DECEMBRO DO 2019. Neste periodo os usuarios da Tropaverde poderán conseguir os seus cupóns.
O gran sorteo realizarase o VENRES 20 DE DECEMBRO.

Premio

Sorteo de 1 PREMIO composto por:
Estancia duna noite nunha habitación doble con almorzo incluído na Quinta de San Amaro (MEAÑO)  + Cea completa no Restaurante da Quinta de San Amaro con adega incluída + visita a Adega Mar de Frades con degustación + 1 masaxe relaxante  por persoa.
O Bono terá duración dun ano dende a data de emisión, menos nos meses de Xullo e Agosto.
Débese ter en conta que dende novembro ata abril o restaurante permanecerá pechado de luns a xoves.

Entra no sorteo dun gran premio

Para participar no presente concurso os participantes deben seguir as seguintes instrucións:
  1. Ser membro da Tropaverde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropaverde pode darse de alta en tropaverde.org só precisa un correo electrónico e un contrasinal.
  2. Conseguir estrelas da Tropaverde nos diferentes puntos emisores. Podes saber cales son no apartado de Gaña estrelas da web. Trocar as estrelas por lotaría da Tropaverde no apartado de Recompensas da web. O número da lotaría corresponderá co CÓDIGO DO CUPÓN. 
  3. Se permite participar todas as veces que se queira, cantos máis cupóns, máis oportunidades de gañar.
  4. Con todos os “décimos” trocados realizarase un sorteo dun GRAN PREMIO.

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando