Consurso Km 0. Día Mundial do Medio Ambiente: Nin noces de China, nin aguacates do Perú: 4 motivos para consumir local

Quen?

Calquera persoa rexistrada na Tropaverde SCQ.

Como?

Enviándonos as túas 4 propostas a info@tropaverde.org ou a través das nosas redes sociais (Instagram, Facebook ou Twitter).
Unha participación por usuari@.

Cando?

Dende o 5 de xuño ata o 20 de xuño (ás 23:59h). 

Premio

As persoas detrás de Slow Food Compostela teñen un premio delicioso para vós. Un vale de 50€ para unha cea de dúas persoas en calquera dos seus restaurantes Km 0 asociados de Compostela a elixir: A Nave de Vidán, Bodeguilla de Santa Marta, Bodeguilla de San Roque e Bodeguilla de San Lázaro.

Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente, e grazas a Slow Food Compostela, lanzamos este concurso para xuntar argumentos que convenzan ás persoas do noso redor da importancia de consumir local.

Km0. Nin noces de China, nin aguacates do Perú: 4 motivos para consumir local, é o nome deste concurso do Dia Mundial de Medio Ambiente, no que podes participar enviándonos 4 motivos que sirvan para animar a todas as persoas a consumir produtos de proximidade

Puntuarase a orixinalidade e a aportación de valor.



Participa e comparte coas persoas do teu entorno!

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando