Consellos para un Nadal máis sustentable

As nosas decisións teñen impacto na nosa contorna

En Nadal somos sobre todo consumidores e as nosas decisións de compra teñen impacto directo na nosa contorna. Comprar en función das necesidades ou ben por impulsos; elixir produtos de proximidade ou artigos chegados desde o outro extremo do mundo; ser coidadosos cos residuos ou tomarse «vacacións» á hora de reciclar; reutilizar, conxelar, aproveitar... ou botar o que sobra ao lixo sen dubidar un segundo son disxuntivas que poden facer que o noso nadal sexa sustentable e responsable ou todo un malgaste de recursos e enerxía. Evitar o segundo é moito máis sinxelo do que parece e só require un pouco de atención aos pequenos xestos.

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando