Aprende coa Tropaverde!

Canto sabes de reciclaxe?

Obxectivo: Xa o dicía Gandhi: "Ti debes ser o cambio que desexas ver no mundo". A frase non podería ser máis acertada, posto que reciclar é unha tarefa de todos e para todos. Se queres que os teus fillos reciclen tes que facelo ti tamén. Aquí deixámosvos unha pequena actividade para axudarvos para este labor.


Materiais: Imprimir o pdf co esquema dos diferentes colectores, tesoiras, pegamento, revistas de propaganda de supermercados, tendas de electrónica e mobles...


Proceso:

  1. Para a realización desta actividade deberás descargar e imprimir o pdf que aparece ao final.

  2. Con revistas de supermercado, tendas de mobles e electrónica recorta os diferentes residuos que aparezca

  3. Pega cada residuo no colector ao que pertence. RECORDA:

    1. Colector xenérico: O colector do lixo en masa é o colector de toda a vida e a súa cor varía segundo o municipio, pero adoita ser gris ou verde escuro. Nel debemos depositar todo o que non sexa reciclable: cerámica e louza, copas e vasos de cristal, cristais de fiestra e espellos, comprimidas e tampóns, cueiros, papel hixiénico, papeis sucios, orgánicos (restos de alimentos), papel plastificado, encerado, metalizado, fotografías.

    2. Colector azul: Neste colector debemos depositar as bolsas de papel, caixas de cartón (como as de calzado, de galletas, dalgún electrodoméstico, etc.), cartafois, cartón e cartulina, folios usados, caixa de ovos de cartón, libretas, xornais ou revistas, sobres, bandexas de papel ou cartón (para pasteis ou tartas), os blíster comerciais (de pilas por exemplo), sacos de alimentos (como os de arroz ou azucre), tarrinas de alimentos (de xeado ou de tona montada), as etiquetas de roupa ou os rolos de papel hixiénico ou de cociña.

    3. Iglú verde: Neste colector debemos depositar as botellas de vidro de calquera cor (de viño, cava ou licores por exemplo), frascos de conservas, tarros de alimentos (marmelada, conservas, vexetais, etc.), recipientes de vidro ou frascos de vidro como os das colonias ou os produtos de cosmética.

    4. Colector amarelo: Obxectos de metal: latas de conservas, botes de refresco ou cervexa, o papel de aluminio, chapas, tapas, tapóns de metal, bolsas e recipientes de aluminio para alimentos ou botes de desodorizante / Obxectos de plástico: botellas de plástico e bricks (como os do leite ou o zume), envases de produtos lácteos, caixa de ovos de plástico, tapas e tapóns de plástico, recipientes de plástico dos produtos de aseo e limpeza, bolsas de plástico comerciais (excluíndo as bolsas do lixo), plástico transparente para envolver produtos (o coñecido como "filme"), o tubo da pasta de dentes, bandexas e caixas de cortiza branao e pratos e vasos de refugallo.

    5. Punto limpo: Pilas e baterías, fluorescentes, aerosois e produtos perigosos (disolventes, insecticidas, etc.), aceite de cociña ou de motor, escombros de obras domésticas menores, electrodomésticos, equipos electrónicos (computadoras, televisións, etc.), madeira (mesas, cadeiras, etc.), mobles e enseres (colchóns, camas, etc.), roupa e calzado e téxtil en xeral, radiografías, pinturas ou medicamentos...

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando