Aprende coa Tropaverde!

Xoguemos! Pasapalabra do medio ambiente

Obxectivo: Aprender dun xeito divertido conceptos básicos do medio ambiente.

Materiais: Simplemente deberedes imprimir o rosco onde se irán anotando as respostas, se non tedes impresora, basta cunha libreta ou folio e un bolígrafo ou lapicero.

Procedemento:

O primeiro que faremos e formar equipos: azul e vermello.

Cada equipo deberá acertar nun tempo de 90 segundos cada resposta de cada unha das letras do alfabeto, escoitando de cada unha delas unha definición curta lida polo presentador (o outro equipo) e tendo como pista que empeza ou contén a letra na que se atope o concursante nese momento.

O equipo contesta definicións mentres non falle ou pida pausa dicindo « Pasapalabra», movéndose a quenda ao outro equipo. As quendas intercámbianse ata que cada un termina o tempo que tiña asignado. Se algún dos concursante acerta todas as palabras, gaña.


Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando