Aprende coa Tropaverde!
Como facer papel reciclado?
A reciclaxe é un proceso cuxo obxectivo é converter os refugallos en novos produtos para previr o desuso de materiais potencialmente útiles, reducir o consumo de nova materia prima, reducir o uso de enerxía, reducir a contaminación do aire (a través da incineración) e da auga (a través dos vertedoiros). A reciclaxe é unha compoñente clave na redución de refugallos contemporáneos e é o terceiro compoñente das 4 R (“Reducir, Reutilizar, Reciclar, Recuperar”).
Materiais: necesítase un recipiente bastante grande, auga, revistas, xornais, colador, batedora, cola branca, perchas de arame e medias rotas (para o filtro).
Proceso:
1. Para comezar, necesitamos a materia prima: papeis de xornais, folios usados, cartolinas, papeis de cores, papel hixiénico … todo tipo de papel e cartón que atopemos por casa e que xa non se vaia a usar. Recortámolo en anacos pequenos e introducímolos no recipiente grande, un cubo por exemplo.
2. A continuación, mesturamos os anacos de papel con auga quente, aproximadamente o dobre de auga que de papel.
3. Agora é o momento de pasar a batedora ata que o papel quede ben triturado.
4. Engadimos unha cullerada de cola branca ata conseguir unha pasta espesa que deixaremos repousar 10 min. Pasado ese tempo eliminamos o exceso de auga utilizando o colador. Unha vez ben escorrida a pasta de papel, colocámola nun filtro realizado polos propios nenos cunha percha e unha media.
5. Coa percha formamos un cadrado e introducimos a media. Isto actuará como filtro. Estendemos a pasta de papel sobre el.
6. É moi importante presionar ben a pasta de papel e estendela o máis fina posible, moitos nenos aproveitan e realizan formas como de corazón, por exemplo.
Durante un curto período de tempo podemos poñer peso encima para que o noso papel reciclado quede máis fino.
7. Posteriormente, cando a media absorba a auga, retirámola e deixamos a lámina de papel secarse polo menos un día.
E xa temos as nosas láminas de papel reciclado!
Para finalizar e como adorno, pódense engadir follas secas e elaborar unha fermosa tarxeta como a da primeira fotografía.
Pregunta divertida para os nenos:
Cantas veces pódese dobrar pola metada a mesma folla de papel?
Debate final:
Cantas veces podemos reciclar una mesma folla de papel?