Búscase xente reciclando

Quen?

Poderán participar nesta iniciativa todos os membros da Tropaverde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropaverde pode darse de alta en tropaverde.org

Como?

Co motivo da Semana europea da Prevención de Residuos do 18 ao 26 de novembro realizarase unha acción de viralización nas redes sociais de “Búscase xente reciclando”, con sorteo de premios.

Para participar no presente concurso os participantes deberán compartir fotografías nas redes sociais e etiquetar a Tropaverde Santiago de compostela (@tropaverdeSCQ) co hashtag #tropaverderecicla

Búscanse fotografías de boas accións ambientais:

  • Entregas residuos nos colectores adecuados, puntos limpos, minipuntos limpos ou colectores de aceite.
  • Actividades de reciclaxe ou reutilización nos fogares.
  • Fotografías de participación nalgunha campaña da Tropaverde ou desfrutando dalgunha das nosas recompensas.

Cando?

A iniciativa terá unha duración dende o 6 ata o 26 de Novembro do 2017.

Premio

Entre todos os participantes da campaña realizarase un sorteo dunha cámara acuatica deportiva VicTsing Eypro1.

Documentación da campaña

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando