Reciclar en ASAC-GALICIA ten premio

Quen?

Esta campaña de sensibilización está dirixida os nenos e nenas que asisten o Programa de Enriquecemento 'Ronsel do Campus' de Altas Capacidades desenvolvido en Asac Galicia (Asac Galicia Aacc Usc) desenvolvido vía convenio coa Universidade de Santiago de Compostela e dirixido pola Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades na facultade de psicoloxía.

Como?

A campaña consiste na recollida de tapóns de plástico de botellas. Cada equipo estará formado polos nenos e nenas dun mesmo taller. A competencia levarase a cabo entre tódolos talleres da facultade de psicoloxía.

Cando?

O galardón recaerá naquel taller que consiga reunir máis tapóns de plástico dende o 7 de Maio do 2016 ata o 28 de Maio do 2016 para conmemorar o día mundial da reciclaxe o 17 de Maio.

Premios

Todos os nenos e nenas que compoñan o taller gañador recibirán unha camiseta.

Gañador

Parabéns a todos polo gran labor de recollida de tapóns que volveu a superar as nosas expectativas!! Moitas grazas en especial a todos os nenos e nenas dos obradoiros:

  • Capitán Planeta
  • Pequenos Arquímedes
  • Érase unha vez
  • Conciencia natural
  • Detectives do emocionamundo

Todos os tapóns foron entregados no centro sociocultural Santa Marta para colaborar con Tu ayuda = Mi ilusión e axudar a Matías.

Ca reciclaxe dos tapóns todos gañamos

O plástico tarda centos de anos en descompoñerse no medio ambiente, ata 1.000 anos segundo o tipo de plástico

Tras a súa reciclaxe fabrícase granza, unha materia prima que serve para elaborar produtos como caixas (para froitas e hortalizas), revestimentos ou illantes.

Patrocinadores

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando