Ecopropósitos para un 2018 máis verde

Quen?

Poderán participar nesta iniciativa todos os membros da Tropa Verde, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropa Verde pode darse de alta en tropaverde.org

Como?

Co comezo do ano lanzamos un concurso moi verde para todos os membros da Tropa Verde:

Consiste en escribir 'Ecopropósitos para un 2018 máis verde' é dicir, como reducir a cantidade de residuos que xeramos.

Para participar no presente concurso os participantes deben seguir as seguintes instrucións:

  • Darlle a 'me gusta' na fotografía e na páxina de Facebook da Tropa Verde
  • Ser membro da Tropa Verde.
  • Comentar nesta publicación o teu 'Ecopropósito' para o ano 2018.
  • Compartir a publicación.

Cando?

A iniciativa levarase a cabo dende o 15 de xaneiro ó 15 de febreiro do 2018.

Premio

Entre todos os participantes da campaña realizarase un sorteo dunha cámara acuatica deportiva VicTsing Eypro1.

Documentación da campaña