Queres converterte en Embaixador/a do Pacto Europeo polo Clima?

A Dirección Xeral de Acción Climática da Comisión Europea abre a convocatoria para convertirse en Embaixador/a do Pacto Europeo polo Clima. Que fan estes/as Embaixadores/as? Quen pode presentarse? Resvolvemos todas as túas dúbidas neste artigo.

6a135b777aead1312a0a6536ef675de179cbc8b0

Cal é o papel dos embaixadores?

  • Chegar ás persoas e/ou organizacións que aínda non están involucrados na acción climática.
  • Informar, inspirar e apoiar a acción climática dentro das súas comunidades e redes.
  • Liderar, a través do seu exemeplo, a acción climática e a protección do medio ambiente
  • Converterse nunha ponte entre a sociedade civil, os grupos de interese implicados na acción climática e a Comisión Europea.

Quen pode converterse en Embaixador/a?

  • Calquera perdoa pode solicitar ser Embaixador, en tanto que individuo.
  • As organizacións poden propoñer unha persoa representante que se convertería en embaixadora en nome da devandita organización  (neste caso, para cambiar de representante é necesario informar á Comisión e remitirlle toda a información que fose necesaria para xustificar o cambio).

En calquera caso, as persoas embaixadoras comprométense a respectar os valores do Pacto.

Cales son os beneficios de ser Embaixador/a?
  • O recoñecemento público do seu papel por parte da Comisión Europea, por exemplo, no sitio web do Pacto.
  • A obtención de visibilidade para a súa acción climática, por exemplo, no sitio web do Pacto e en redes sociais.
  • A adquisición de ferramentas de comunicación, por exemplo, un kit de comunicación do Pacto (dispoñible a principios de 2021)
  • O acceso á rede de Embaixadores/as.

Que tipo de actividades poden realizar os/as Embaixadores/as na súa función?

  • Impartir charlas sobre o cambio climático durante as actividades que se realicen de xeito habitual na súa contorna, especialmente dirixidas ás persoas que aínda non  participan na acción climática.
  • Interceder a nivel nacional, rexional e local para persuadir ás autoridades públicas, escolas, organizacións e empresas para estas se comprometan con accións e establezan compromisos ambiciosos en materia de clima.
  • Colaborar coas comunidades locais, especialmente cos grupos vulnerables e de baixos ingresos, con accións de comunicación e actividades de acción climática adaptados ao contexto, aos desafíos e ás necesidades locais.
  • Intercambiar coñecementos cientificamente contrastados e sensibilizar sobre temas relacionados co cambio climático, por exemplo, mediante a organización de eventos e debates temáticos en liña e de xeito presencial, a realización de campañas nos medios de comunicación e as redes sociais, a publicación de datos, coñecementos especializados e historias relacionadas co cambio climático, e a procura de novas formas e canles para aumentar a sensibilización sobre o cambio climático.
  • Organizar actividades relacionadas co clima e a acción ambiental, por exemplo, plantar árbores, organizar mesas de información, días sen coches, etc.
  • Interconectar ás persoas  que son activistas climáticas locais con outras redes locais, estatais e europeas.  
  • Intercambiar coñecementos, por exemplo, mediante a capacitación entre iguais, para axudar a calquera persoa a iniciar ou ampliar as iniciativas sobre o clima
  • Probar diversas solucións climáticas para que poidan ser  replicadas e difundidas noutros lugares.

Como podo converterme en Embaixador/a?

Para converterse en Embaixador/a, a persoa solicitante debe encher o formulario de solicitude en liña, dispoñible en: https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/ClimatePactAmbassadors (en inglés). 

Neste formulario, pediráselle que subscriba os valores do Pacto Climático, describa as actividades que pensa desenvolver en tanto que Embaixador/a do Pacto e acepte que se comparta e difunda información sobre ditas actividades e o seu perfil como persoa Embaixadora.

Segundo explica a Comisión Europea, as persoas Embaixadoras serán seleccionados mediante un proceso obxectivo e transparente baseado nos méritos e a motivación dos/as solicitantes. Se unha persoa é seleccionada como Embaixadora, recibirá un correo electrónico de confirmación da Comisión Europea. O seu nome, foto e descrición publicaranse no sitio web do Pacto.

Por defecto, a duración da condición de Embaxador/a é de un ano. Para prolongar a súa función, os embaixadores deben informar sobre as actividades realizadas e renovar as declaracións mencionadas.

Imaxe da nova: Dominic Wunderlich en Pixabay 
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando