Máis de catro mil persoas eempresas reciclan con Tropaverde

O xornal La Voz de Galicia realiza un percorrido polas principais logros acadados pola iniciativa Tropaverde no Concello de Santiago de Compostela

C164653443a8485ac6fc5919bf1f1c97b545488d
O xornal La Voz de Galicia recolle unha extensa reportaxe sobre o funcionamento da Tropaverde SCQ. Ademais de lembrar algunhas das campañas de recollida de residuos organizadas xunto con diversos colectivos (como a campaña "Longa vida aos teus aparellos electrónicos" ou a campaña "Recicla na escola") o xornal dá conta das cifras de cheques entregados e das recompensas trocadas ao longo dos 5 anos que a iniciativa leva activa no Concello de Santiago de Compostela.

Así mesmo, o artigo destaca a gran labor que realizan os Centros Socioculturais de Compostela, os puntos limpos municipais, a Asociación ecoloxista ADEGA ou a Escola de Artes Mestre Mateo, actuando como puntos de recollida de residuos e entrega de cheques Tropaverde.

A dimensión internacional da iniciativa Tropaverde, da man do proxecto URBACT, ten tamén cabida no artigo. Como sabedes, grazas a ter sido seleccionada como boa practica, a Tropaverde está actualmente en funcionamento en cinco cidades e rexións europeas.

Porén, sen dúbida, a gran protegonista é a cidadanía de Santiago de Compostela, a quen corresponde o mérito dos logros obtidos e sen a que esta iniciativa non tería desfrutado de tan longo percorrido, Grazas ENORME a toda ela!
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando