Procura do tesouro coa Tropaverde!

Quen?

Poderán participar neste concurso todos os membros da Tropaverde SCQ, se algún cidadán ou cidadá quere participar e non é membro da Tropaverde pode darse de alta en tropaverde.org

Como?

Para participar, poden inscribirse de maneira sinxela cunha mensaxe privada dende o Facebook ou enviando un correo electrónico a info@tropaverde.org. Para elo teñen que facilitar o nome completo, número de teléfono e correo electrónico co que están dados de alta na Tropaverde e indicar se teñen facebook.

Cando?

As inscricións realizaranse dende o 10 de Maio ata o 16 de Maio de 2017. O período de participación comeza o 17 de Maio.

Premios

    O primeiro premio consiste nunha camiseta da Tropaverde + Bolsa da compra Tropaverde + GoPro Hero Session (Videocámara deportiva de 8MP somerxible) + tarxeta de memoria 32GB + cupón Tropaverde cheque regalo do Gadis con 50 euros de desconto +cupón Tropaverde sesión de fotos de Andreu Romaní Fotografía (1 hora de sesión de fotos + 5 fotografías en arquivo dixital valorado en 100 euros )

    O segundo premio consiste nunha camiseta da Tropaverde + Bolsa da compra Tropaverde + Fitbit Charge 2 (pulseira actividade física e ritmo cardíaco) + cupón Tropaverde cheque regalo do Gadis con 30 euros de desconto

    O terceiro premio consiste nunha camiseta da Tropaverde + Bolsa da compra Tropaverde + Energy System Music Box (altofalante portátil inalámbrico) + cupón Tropaverde cheque regalo do Gadis con 20 euros de desconto

Todos os participantes que cheguen o tesouro o día do premio, recibirán unha bolsa da Tropaverde.

Documentación da campaña

Patrocinadores

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando